Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2008

Premiados no concurso de carteis contra a violencia de xénero

. O pasado mes de novembro, o Concello de Tomiño convocou un concurso de carteis contra a violencia de xénero; ofrecémosvos aquí os carteis gañadores: 1º premio, obra de Héctor Gutiérrez ................................................................................ 2º premio, obra de Rebeca Fernández ................................................................................ 3º premio, obra de Adrián Besada .

Concurso "Contos de Nadal"

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello e a OMIX convocan un concurso de “Contos de Nadal”, con tema libre anque centrado no Nadal, escritos en galego e unha extensión máxima de 5 folios (letra Times New Roman, tamaño 12, dobre espazo). O prazo de entrega dos relatos remata o 22 de decembro. Os orixinais presentaranse, mediante o sistema de plica, na oficina da OMIX, ou no Servizo de Normalización Lingüística, ou poden enviarse por correo a CONTOS DE NADAL, CONCELLO DE TOMIÑO, Praza do Seixo 1, 36740 Tomiño. Establécense tres categorías con dous premios cada unha: Categoría A (de 6 a 8 anos): 1º premio de 60 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros Categoría B (de 9 a 12 anos): 1º premio de 60 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros Categoría C (de 13 a 18 anos): 1º premio de 100 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros A entrega de premios realizarase o día 24 de decembro no salón de plenos do Concello de Tomiño ás 12.

Premiados no I Concurso Galego de Robótica

. O noso centro participou no I Concurso Galego de Robótica, e un grupo de alumnos do Ciclo Medio de Electrónica acadou o Primeiro Premio, compartido co IES Perdouro de Burela e o IES Palas de Rei. O noso alumnado premiado foi: Andrea Durán Otero Bruno de Sousa Fertonani Pablo Campos Fernández Antonio Oliveira Pinto NORABOA, SODES XENIAIS! Amplía esta noticia na páxina web do noso centro

Santa Cecilia

Para celebrar a Patroa da Música (22 de novembro) e dado que hai tanta xente afeccionada a esta arte na nosa contorna, a Biblioteca realizou unha exposición no seu taboleiro do vestíbulo do centro, elaborada polo alumnado do Proxecto Interdisciplinar "Educación Documental", 1º ESO-D. Esperamos que vos gustase!

Tempo de setas

Os nosos compañeiros do Ciclo de Traballos Forestais montaron unha exposición no centro estes días coas setas e cogomelos propios da nosa zona. Tras realizar unha saída para recoller os exemplares, clasificáronos con detalle para que poidas velos e aprender a recoñecelos. Por suposto, na Biblioteca temos varias guías de setas e cogomelos que podes consultar. Na mostra que nos ofrecen podes atopar todo tipo de cogomelos, desde os máis tóxicos, como diversos tipos de amanitas, ata os máis exquisitos, como andoas, cantarelas, zarrotas, etc. Cada exemplar está identificado co nome científico, o nome galego e unha icona que indica a súa comestibilidade ou toxicidade. Se che gusta a natureza e queres traballar ao aire libre, o Ciclo Medio de Traballos Forestais e Conservación do Medio Natural é unha boa opción. Aprenderás, entre outras moitas cousas fascinantes, a cultivar as túas propias setas. Infórmate!

Seminario de graffiti

Anxo Fariña visitou o noso centro o luns 27 de outubro para impartir un seminario de graffiti, organizado pola Xunta, no noso caso foi para o alumnado de 1º ESO A e 1º ESO C. Anxo Fariña é autor, entre outras obras, da serie dos Megatoxos , que podes conseguir na nosa Biblioteca.

Premiados

Moitas grazas a todos e todas pola acollida dispensada á nosa exposición! Estes son os gañadores da primeira edición do Biblioconcurso: José Romero, 2ºbac B Hugo Freijeiro, 2º bac B Roque Fernández, 2º bac B Jonathan Daniel Salguero, 1º ESO - D Juan Alvarez, 1º ESO - D Os premiados poden pasar pola biblioteca a recoller o seu agasallo... e se non obtiveches ningún premio non desesperes, o curso só acaba de comezar, pronto terás outra oportunidade.

Día das Bibliotecas

Para celebrar o 24 de outubro, Día das Bibliotecas, hai unha exposición no vestíbulo do instituto, e nela tedes a posibilidade de participar no Biblioconcurso. Animádevos, que é moi doado!!

Coñecer mellor a biblioteca

Na páxina das Bibliotecas Escolares de Galicia encontramos unha divertida actividade para coñecer mellor o funcionamento dunha biblioteca, elaborada polo CEIP Condesa de Fenosa (O Barco). O profesorado que acuda á aula de informática pode aproveitar para realizala cos seus alumnos e alumnas. Animádevos, que está moi ben! Só hai que pinchar aquí .

Somos noticia

Desde a Biblioteca damos a benvida a todos e todas para un novo curso escolar. Esperamos vervos o xoves 18 cheos de enerxía e ilusión! Ultimamente puidemos ler na prensa moitas novas relacionadas co ensino, como sempre que se inicia a campaña de "Volta ao Cole"... A revista especializada "Magisterio" publicou a comezos deste mes un estudo que está dando moito que falar. Os últimos datos, do curso 2005-2006, poñen a media do fracaso escolar en España nun 30,8%, polo tanto aumentou 2,3 puntos nos dous últimos anos. O problema é serio: case un terzo da nosa mocidade abandona os estudos antes de tempo, sen rematalos, con consecuencias negativas para o seu futuro. Por comunidades podemos comprobar, porén, que as que menos fracaso escolar presentan son, por orde: Asturias, País Vasco, Navarra, Cantabria, Castela e León e Galicia. O fracaso escolar en Galicia, 25,1% , está bastante por debaixo da media estatal, pero aínda así debemos concienciarnos de que aínda queda moit

Eu tamén leo...La pasión india

Chegou o verán, tempo de lecer e, como non, de ler. Propoñémosvos unha viaxe á India para estas vacacións. Un libro que vale a pena , por Alberto Fagín, profesor do Ciclo de Traballos Forestais A protagonista é unha moza andaluza, a principios do século XX, que vive en Madrid e traballa como bailaria nun local de recoñecido prestixio. O local recibe un día a visita dun Rajá hindú que queda prendado da súa beleza. Entón empeza unha relación amorosa que termina coa sua unión e a moza convértese na nova princesa de Kapurtala, unha rexión moi pobre da India. Ó longo da novela cóntase a historia desa muller que narra as súas vivencias nun lugar tan diferente do que ela coñecía, a convivencia multicultural nese enorme país de tanta diversidade relixiosa, como funcionaba a ocupación británica e como había conflitos entre ámbalas dúas partes, describe a problemática (que aínda existe actualmente) no norte do país, e sobre todo o libro é magnífico pola extraordinaria descrición que fai dos cost

actividades fin de curso

... O vindeiro venres día 20 pecharemos o curso cunha serie de actividades a partir do recreo, entre elas o sorteo das cocas para o premio do Catálogo de árbores senlleiras , e a entrega dos diferentes premios a cargo da Biblioteca (Día do Libro, Concurso de deseño "o papasol"...) Por certo, no salón de actos poderedes ver a exposición con todos os deseños participantes. Unha vez máis, grazas a todos e todas !! ...

Prazos de matrícula

Pronto rematará o curso e teremos que ir pensando no curso que vén, así que aquí tedes a información necesaria para matricularvos no noso centro: PARA MATRICULARSE NA ESO 1º E.S.O. Prazo de matrícula : 23, 24 e 25 de xuño de 2008 (de 9 a 14 h) Documentación : - Impreso de matrícula debidamente cuberto (adquírese no propio centro: 0,50 € ) - 2 fotos para o expediente co nome e apelidos por detrás - 2 fotos para o pase de autobús (se utiliza transporte) co nome e apelidos por detrás - Fotocopia DNI (sen recortar) ou fotocopia libro familia - Fotocopia tarxeta sanitaria (sen recortar) Alumnos doutros CONCELLOS: Certificado de empadronamento Para os demais cursos da ESO: 1. ALUMNOS DO PROPIO CENTRO Prazo de matrícula - Se aproban TODO en xuño: 26, 27 e 30 de xuño de 2008 (de 9 a 14 h) - Se suspenden algunha en xuño matricúlanse en setembro, despois de faceren os exames de setembro. Documentación: 2ºESO: - Impreso de matrícula debidamente cuberto (adquírese no propio centro: 0,50 € ) - 1 fo

Eu tamén leo... “El maravilloso viaje de Nils Holgersson”

Os libros que lemos cando nenos acompáñannos para sempre. Realmente, non seriamos nós mesmos sen eles. Algúns, co paso do tempo, convértense en clásicos, como este de Selma Lagerlöf, Premio Nobel de Literatura en 1909. A infancia é a nosa patria , por Eduardo Fresco, profesor de Filosofía Se é certo que a infancia é a nosa patria, o meu país nativo tal vez fora Suecia. Cando era aínda máis pequeno que agora, sempre, sempre que estaba enfermo (e librábame de ir ao colexio) lía o mesmo libro: “El maravilloso viaje de Nils Holgersson a través de Suecia”, de Selma Lagerlöf. Conta cómo un rapaz é convertido nun duende e emprende, subido a un ganso doméstico adoptado por unha bandada de gansos salvaxes, unha longa migración cara ao norde a través de toda Suecia. En realidade (iso entendino máis tarde) é un libro de xeografía para escolares escrito por encargo do goberno, grazas ao cal miles de rapaces suecos aprenderon, dende 1906, a mitoloxía, a historia e os costumes do país, a ubicación

Premios

1º premio do concurso de deseño "O Papasol" para a categoría B, obra de Nair Melo Pazos. Seguramente xa vistes expostos no noso centro os deseños gañadores do Concurso de Debuxo "O papasol". O xuri estivo composto por Puri Ameixide, en representación da Biblioteca, Fernando Ortiz, polo Departamento de Debuxo, Cruz Garrido, polo Equipo Directivo e Santi Groba como representante do alumnado no Consello Escolar. Non houbo participantes da categoría C, pero dada a gran calidade e cantidade das obras presentadas nas outras categorías, o premio acumulouse a estas, de maneira que se entregarán dous premios para a categoría A (primeiro ciclo ESO) e dous premios para a categoría B (segundo ciclo ESO), ás seguintes participantes: CATEGORÍA A: 1º premio: Jenifer Guerreiro Costa, 1ºD 2º premio: Claudia Alonso Alonso, 1ºC CATEGORÍA B: 1º premio: Nair Melo Pazos, 3ºE 2º premio: Bianca Fernández Díaz, 3ºA ... A Biblioteca porase en contacto convosco para a entrega de premio

Festa das Letras Galegas

O venres 16 de maio, a partir das 12:00h., celebraremos o Día das Letras, con actividades do máis diverso: ademais das Exposicións que se montaron no centro (Sobre Xosé Mª Álvarez Blázquez, e en relación cos seus traballos de etnografía e arqueoloxía, reconstrucións de útiles prehistóricos) haberá unha demostración do uso de enerxías tradicionais, aplicadas a unha cociña solar coa que o alumnado de 1º bacharelato nos preparará un chocolate solidario. Leremos o manifesto "Polo dereito a vivirmos en galego" e poemas de Xosé Mª Álvarez Blázquez, colocaremos as tradicionais pedras no Milladoiro das Palabras e admiraremos os Maios elaborados polo alumnado de 1º ciclo de ESO... E moitas cousas máis, por exemplo unha actuación musical sorpresa dun grupo do profesorado... (Non pode haber festa sen música)

O mes das Letras Galegas

Ao longo do mes de maio son moitas as iniciativas en prol da nosa lingua organizadas por diversas entidades, por exemplo o Correlingua , que será o xoves 15 de maio, en Salceda , e do noso centro acudirán os grupos de 3º ESO. A saída será ás 9:30h. e regresarán para as 14:30h. De entre as iniciativas que se poden ver na Rede, poida que vos pareza graciosa esta: a agrupación comarcal luguesa da Mesa pola Normalización Lingüística organizou o concurso Mobilízate pola túa lingua dentro da campaña "Polo dereito a vivirmos en galego" de cara a promover a manifestación que co mesmo lema se vai celebrar en Compostela o vindeiro 18 de maio . Recibiron moitos videos interesantes, a duración máxima é de dous minutos, e poden verse os finalistas no blog da Mesa en Lugo . Recomendámosvos especialmente o chiki friki do galego. Se queres acudir á manifestación en Compostela o domingo 18 de maio, saberás que comeza ás doce na Alameda e rematará na Praza da Quintana. A Concellería de Mocid

Escribes?

Lembrámosvos que no vestíbulo de acceso á Biblioteca tedes información útil sobre certames literarios e doutro tipo. Desde aquí animámosvos especialmente a participar no Primeiro Certame Literario CEIP de Sobrada e no Segundo Certame de Poesía "Xela Arias" do IES "A Sangriña" de A Guarda . Por outra parte, no noso centro chegou o momento de elaborar a revista, Brétema . Este ano, ademais das seccións habituais, de creación literaria, noticias e actividades realizadas durante o curso, artigos de investigación e divulgación interesantes, etc, dende o Equipo de Normalización propóñennos novas seccións: CARTAS DO LECTOR: Escribide facendo suxerencias, críticas, comentarios sobre o centro, contando as vosas impresións sobre a vida diaria nel... HUMOR: Rir e moi san. Anécdotas, chistes, contos que fagan sorrir ou rir ás gargalladas... ENTREVISTAS: A alguén relevante na vida do centro ou da vila. DEPORTES: Noticias sobre o deporte local. Mozos e mozas do centro que pract

Eu tamén leo... Crepúsculo

Stephenie Meyer é unha autora norteamericana que actualmente fascina á mocidade do mundo enteiro coa súa obra Crepúsculo e as secuelas Luna Nueva e Eclipse . De momento podes conseguir estas obras na Biblioteca, mentres esperamos con impaciencia os dous volumes que aínda faltan por publicar, Breaking Dawn ( Rompendo o mencer ) e Midnight Sun ( Sol de Medianoite ). Unha de amor ................. por Nerea Vergara González, 1ºbac Isabella Swam non quere realmente vivir co seu pai en Forks, unha cidade onde sempre chove e nunca hai sol... Pero este só será o primeiro paso cara unha gran aventura, cara unha serie de descubrimentos que cambiarán a súa forma de ver o mundo, cara un grande amor. O éxito da serie de Stephenie Meyer (composta ata o de agora por Crepúsculo , Luna Nueva e Eclipse ) baséase na visión completamente diferente que ten dos vampiros e outros seres mitolóxicos que formaron parte sempre de multitude de lendas populares. Por primeira vez un autor achega ao vampiro a

Lingua de amor

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a II edición de Lingua de Amor , o concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico. Lingua de Amor ten como obxectivo principal dinamizar o uso da lingua galega en espazos de comunicación habituais para a mocidade como son os correos electrónicos, chats, foros... Para participar no concurso só hai que rexistrarse na páxina http://www.linguadeamor.eu/ e enviar unha declaración de amor en galego (máximo 350 caracteres). A data límite para o envío das declaracións é o 14 de maio de 2008 . Nesta edición establécense dúas categorías de idade (de 14 a 19 anos e de 20 a 30). En canto aos premios, haberá tres por cada unha das categorías: Categoría A: 1º Consola Nintendo wii + un lote de libros en galego 2º DVD portátil + un lote de libros en galego 3º MP3 + un lote de libros en galego Categoría B: 1º Viaxe a París para dúas persoas + un lote de libros en galego 2º O

Novas da OMIX (abril 2008)

Como xa saberedes, está á vosa disposición no Campo da Feira a Oficina Municipal de Información Xuvenil. Tel/Fax 986 623 304 Correo electrónico: omixtominho@yahoo.es Eli é a técnica de mocidade, que visita habitualmente o noso centro e nos informa de moitas actividades interesantes ás que te podes apuntar. Por exemplo, para este mes de abril tes as seguintes, dirixidas a mozos e mozas de 12 a 35 anos e totalmente gratuitas: - Programa de deshabituación tabáquica. Comezo o 15 de abril na OMIX. - Xornadas de educación vial. Mércores 30 de abril no IES de Tomiño. - Curso de Malabares. Sábado 12 e Domingo 13 de abril no Campo da Feira. - Curso de Pandeireta. Comezo o 9/16 de abril no Centro Goianés. - Concurso de Pintura (estilo libre). Prazo de entrega dos traballos: 28 de abril. Ademais é importante destacar que xa está aberto o prazo de inscrición na CAMPAÑA: ACCIÓN VERÁN 2008 da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para os campamentos dirixidos a nenos e nenas de 9 a 17 anos e p

E ti que libro es?

Con que libro te identificas? Cal cambiou a túa forma de ver o mundo? Que libro serías se, como na novela Fahrenheit 451 , de Ray Bradbury, as persoas fósemos libros? Estas son as preguntas que Escola de Escritores propón aos internautas que respondan no proxecto "A túa vida nun libro" a través de Internet. Escola de Escritores realizará unha consulta aos internautas hispanohablantes desde o próximo 1 de abril ata o 23, Día do Libro, na que os invitará a elixir os libros que marcaron un antes e un despois na súa vida, creando un vínculo emocional entre as persoas e as súas lecturas. Pretenden así animar á reflexión sobre a lingua e a literatura coincidindo coa celebración do Día do Libro, o 23 de abril, do mesmo xeito que xa fixo en anos anteriores coas iniciativas "Apadriña unha palabra en vías de extinción" e "A palabra máis fermosa do español" . "A túa vida nun libro" desenvolverase en Internet, a través do portal http://www.escueladeescrit

Eu tamén leo... El niño con el pijama de rayas

Este foi o libro máis solicitado na nosa Biblioteca durante o primeiro trimestre, tanto polo alumnado como polo profesorado. Ler para ser outro , por Anxos García Monasterio (profesora de Francés) Admitiredes que non é doado facer a reseña dun libro cuxa historia non se debe contar, segundo nos prevén seu editor. E penso que está no certo. Cúmprese aquí aquilo de ler para ser outro. Para ser Bruno. Un neno de nove anos que medra afacéndose a unha realidade confusa sobre a que, inxenuamente, se fai moitas preguntas. E nós, lectores, facémonos nenos, coma el, canda el. E malia intuír, se cadra moi pronto, o que nos pode ocorrer, seguimos lendo, seguimos sendo Bruno, non podemos deixalo; presentimos, si, pero non satisfacemos a nosa curiosidade, queremos saber ata o final. Unha lectura moi recomendable que nos lembra que “ser” é manter os ollos abertos e a mente esperta, incluso cando non ousamos ser rebeldes.

Concurso de debuxo “O PAPASOL”

1. A Biblioteca do IES de Tomiño, en colaboración co departamento de Debuxo, convoca un concurso para deseñar a súa mascota, que será un papasol ou xoaniña. 2. Todo o alumnado do centro pode participar, establecéndose tres categorías, cada unha co seu premio: categoría A: Primeiro Ciclo de ESO categoría B: Segundo Ciclo de ESO e Ciclos Formativos categoría C: Bacharelato 3. Os debuxos realizaranse en formato DIN-A-3, nun modelo que se recollerá en Conserxería. No DIN-A-3 que se facilite aos participantes, estes deberán debuxar un papasol ou xoaniña de fronte, de perfil e de costas. As imaxes creadas poderán ser realistas ou imaxinarias, e a técnica tamén será libre: rotuladores, ceras, pinturas de cores, etc. 4. Nos orixinais non se porá o nome do autor: na parte de atrás pegarase un sobre pechado, e no sobre constará, por fóra, un seudónimo e a categoría pola que participa (A,B, ou C). No interior do sobre escribirase o seudónimo e o nome verdadeiro do concursante, ape

Eu tamén leo... Harry Potter

A Biblioteca acaba de adquirir a última entrega das aventuras do famoso mago. Publicada o día 21, o 22 no recreo xa estaba á vosa disposición no andel de "novidades"... Estaba, porque evidentemente xa non está: todos os exemplares se emprestaron ese mesmo día. Harry Potter ou o pracer de discutir cos amigos ... por Puri Ameixide , profesora de Lingua e responsábel da Biblioteca Comecei a ler HP un pouco por obrigación: era o que lían os meus alumnos e alumnas, eu traballaba na Biblioteca Escolar, coidei que debía coñecelo, anque non me atraía en absoluto a temática. En xeral a literatura fantástica soe aburrirme e non encontro nela nada que non estea xa, e moito mellor contado, en O Señor dos Aneis . Como a serie ía xa bastante avanzada, lin os tres primeiros tomos dunha tacada e sufrín a espera do tomo seguinte cada ano, intercambiando teorías cos meus alumnos, vendo confirmadas as miñas sospeitas, gozando inmensamente con esa frase que lle fai crer a quen a pronuncia que t

Catálogo de árbores senlleiras

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES DE TOMIÑO coa colaboración do CONCELLO DE TOMIÑO, vai traballar na elaboración dun CATÁLOGO DAS ÁRBORES SENLLEIRAS DO NOSO CONCELLO. Para facer unha guía é precisa a colaboración de todos e todas, só así poderemos acceder a todos os lugares do Concello. Se coñeces unha árbore ou formación vexetal que mereza ser incluída no catálogo, recolle datos sobre ela enchendo unha ficha que podes pedir en Conserxería. Todos os alumnos e alumnas que participen achegando información sobre algunha árbore senlleira entrarán no sorteo do ORDENADOR PORTÁTIL donado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño. Por cada dato proporcionado (correcto e comprobado pola organización) o participante terá unha opción no sorteo. Cantos máis datos traias, máis posibilidades tes de conseguir o ordenador. As opcións do sorteo chamarémolas COCAS (as bólas dos carballos) e cada participante recibirá tantas cocas numeradas como datos entregue. Utilizaremos as c

Eu tamén leo... O Principiño

Inauguramos esta sección para falar dos libros que nos gustan, das lembranzas que nos traen e os bos momentos que nos fixeron e nos fan pasar. Envíanos as túas colaboracións. Eu non son de reler libros por Carlos Villanueva (profesor de Bioloxía) Eu non son de reler libros, pero este tíveno moitos anos sempre perto. Regaloumo un tío da Arxentina cando tiña 13 anos. Xa lera algún capítulo solto en libros de lectura do cole e non me gustara, pero como era un agasallo decidín lelo. O comezar, o libro cóntanos cómo a xente maior xulga o mundo desde o seu único punto de vista... e equivócase. Así, o autor rompe os nosos prexuízos e nos prepara para o resto da lectura. É entón cando aparece o principiño amosándonos a súa visión do mundo dos adultos, a súa amizade co raposo ou o seu amor incondicional pola roseira. Ao final da lectura, un querería seguir a falar con ese neno de risa engaiolante, collelo da man e acariñalo .

LIBROS LIBRES

Desde comezos deste curso vén sendo habitual atopar libros no vestíbulo de entrada á Biblioteca, que podes levar para ti como agasallo. Estes libros agora levan unha etiqueta BookCrossing, que os identifica. Se queres, podes botar unha ollada á páxina do movemento BookCrossing, onde che explican en que consiste: persoas que desinteresadamente ceden os seus libros para que outros os lean. Nesa páxina podes rexistrarte, buscar libros, acudir aos lugares onde se anuncia que se van "liberar" libros, participar no foro... Se liberas algún libro podes seguir a súa viaxe ao redor do mundo: quen o colleu, a onde o levou... Nunca se sabe, un dos teus libros pode acabar en Australia, xa se ten dado o caso. É moi interesante, mira aquí ou no vestíbulo da Biblioteca, onde atoparás a Mesa de Liberación con exemplares novos todas as semanas. Se necesitas axuda para liberar algún libro pídea na Biblioteca a través do Buzón de Suxerencias, indicando o teu nome e curso.