Saltar ao contido principal

Eu tamén leo... O Principiño

Inauguramos esta sección para falar dos libros que nos gustan, das lembranzas que nos traen e os bos momentos que nos fixeron e nos fan pasar. Envíanos as túas colaboracións.

Eu non son de reler libros por Carlos Villanueva (profesor de Bioloxía)

Eu non son de reler libros, pero este tíveno moitos anos sempre perto. Regaloumo un tío da Arxentina cando tiña 13 anos. Xa lera algún capítulo solto en libros de lectura do cole e non me gustara, pero como era un agasallo decidín lelo.

O comezar, o libro cóntanos cómo a xente maior xulga o mundo desde o seu único punto de vista... e equivócase. Así, o autor rompe os nosos prexuízos e nos prepara para o resto da lectura. É entón cando aparece o principiño amosándonos a súa visión do mundo dos adultos, a súa amizade co raposo ou o seu amor incondicional pola roseira. Ao final da lectura, un querería seguir a falar con ese neno de risa engaiolante, collelo da man e acariñalo
.


O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa