Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2008

Eu tamén leo... Harry Potter

A Biblioteca acaba de adquirir a última entrega das aventuras do famoso mago. Publicada o día 21, o 22 no recreo xa estaba á vosa disposición no andel de "novidades"... Estaba, porque evidentemente xa non está: todos os exemplares se emprestaron ese mesmo día. Harry Potter ou o pracer de discutir cos amigos ... por Puri Ameixide , profesora de Lingua e responsábel da Biblioteca Comecei a ler HP un pouco por obrigación: era o que lían os meus alumnos e alumnas, eu traballaba na Biblioteca Escolar, coidei que debía coñecelo, anque non me atraía en absoluto a temática. En xeral a literatura fantástica soe aburrirme e non encontro nela nada que non estea xa, e moito mellor contado, en O Señor dos Aneis . Como a serie ía xa bastante avanzada, lin os tres primeiros tomos dunha tacada e sufrín a espera do tomo seguinte cada ano, intercambiando teorías cos meus alumnos, vendo confirmadas as miñas sospeitas, gozando inmensamente con esa frase que lle fai crer a quen a pronuncia que t

Catálogo de árbores senlleiras

O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES DE TOMIÑO coa colaboración do CONCELLO DE TOMIÑO, vai traballar na elaboración dun CATÁLOGO DAS ÁRBORES SENLLEIRAS DO NOSO CONCELLO. Para facer unha guía é precisa a colaboración de todos e todas, só así poderemos acceder a todos os lugares do Concello. Se coñeces unha árbore ou formación vexetal que mereza ser incluída no catálogo, recolle datos sobre ela enchendo unha ficha que podes pedir en Conserxería. Todos os alumnos e alumnas que participen achegando información sobre algunha árbore senlleira entrarán no sorteo do ORDENADOR PORTÁTIL donado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño. Por cada dato proporcionado (correcto e comprobado pola organización) o participante terá unha opción no sorteo. Cantos máis datos traias, máis posibilidades tes de conseguir o ordenador. As opcións do sorteo chamarémolas COCAS (as bólas dos carballos) e cada participante recibirá tantas cocas numeradas como datos entregue. Utilizaremos as c