Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2008

E ti que libro es?

Con que libro te identificas? Cal cambiou a túa forma de ver o mundo? Que libro serías se, como na novela Fahrenheit 451 , de Ray Bradbury, as persoas fósemos libros? Estas son as preguntas que Escola de Escritores propón aos internautas que respondan no proxecto "A túa vida nun libro" a través de Internet. Escola de Escritores realizará unha consulta aos internautas hispanohablantes desde o próximo 1 de abril ata o 23, Día do Libro, na que os invitará a elixir os libros que marcaron un antes e un despois na súa vida, creando un vínculo emocional entre as persoas e as súas lecturas. Pretenden así animar á reflexión sobre a lingua e a literatura coincidindo coa celebración do Día do Libro, o 23 de abril, do mesmo xeito que xa fixo en anos anteriores coas iniciativas "Apadriña unha palabra en vías de extinción" e "A palabra máis fermosa do español" . "A túa vida nun libro" desenvolverase en Internet, a través do portal http://www.escueladeescrit

Eu tamén leo... El niño con el pijama de rayas

Este foi o libro máis solicitado na nosa Biblioteca durante o primeiro trimestre, tanto polo alumnado como polo profesorado. Ler para ser outro , por Anxos García Monasterio (profesora de Francés) Admitiredes que non é doado facer a reseña dun libro cuxa historia non se debe contar, segundo nos prevén seu editor. E penso que está no certo. Cúmprese aquí aquilo de ler para ser outro. Para ser Bruno. Un neno de nove anos que medra afacéndose a unha realidade confusa sobre a que, inxenuamente, se fai moitas preguntas. E nós, lectores, facémonos nenos, coma el, canda el. E malia intuír, se cadra moi pronto, o que nos pode ocorrer, seguimos lendo, seguimos sendo Bruno, non podemos deixalo; presentimos, si, pero non satisfacemos a nosa curiosidade, queremos saber ata o final. Unha lectura moi recomendable que nos lembra que “ser” é manter os ollos abertos e a mente esperta, incluso cando non ousamos ser rebeldes.

Concurso de debuxo “O PAPASOL”

1. A Biblioteca do IES de Tomiño, en colaboración co departamento de Debuxo, convoca un concurso para deseñar a súa mascota, que será un papasol ou xoaniña. 2. Todo o alumnado do centro pode participar, establecéndose tres categorías, cada unha co seu premio: categoría A: Primeiro Ciclo de ESO categoría B: Segundo Ciclo de ESO e Ciclos Formativos categoría C: Bacharelato 3. Os debuxos realizaranse en formato DIN-A-3, nun modelo que se recollerá en Conserxería. No DIN-A-3 que se facilite aos participantes, estes deberán debuxar un papasol ou xoaniña de fronte, de perfil e de costas. As imaxes creadas poderán ser realistas ou imaxinarias, e a técnica tamén será libre: rotuladores, ceras, pinturas de cores, etc. 4. Nos orixinais non se porá o nome do autor: na parte de atrás pegarase un sobre pechado, e no sobre constará, por fóra, un seudónimo e a categoría pola que participa (A,B, ou C). No interior do sobre escribirase o seudónimo e o nome verdadeiro do concursante, ape