Saltar ao contido principal

Eu tamén leo... Crepúsculo







Stephenie Meyer é unha autora norteamericana que actualmente fascina á mocidade do mundo enteiro coa súa obra Crepúsculo e as secuelas Luna Nueva e Eclipse. De momento podes conseguir estas obras na Biblioteca, mentres esperamos con impaciencia os dous volumes que aínda faltan por publicar, Breaking Dawn (Rompendo o mencer) e Midnight Sun (Sol de Medianoite).







Unha de amor ................. por Nerea Vergara González, 1ºbac

Isabella Swam non quere realmente vivir co seu pai en Forks, unha cidade onde sempre chove e nunca hai sol...
Pero este só será o primeiro paso cara unha gran aventura, cara unha serie de descubrimentos que cambiarán a súa forma de ver o mundo, cara un grande amor.

O éxito da serie de Stephenie Meyer (composta ata o de agora por Crepúsculo, Luna Nueva e Eclipse) baséase na visión completamente diferente que ten dos vampiros e outros seres mitolóxicos que formaron parte sempre de multitude de lendas populares. Por primeira vez un autor achega ao vampiro a humanidade, outorgándolle todo tipo de sentimentos e levando ao lector a sentirse profundamente identificado con el. Meyer recolle o retrato do vampiro máis famoso de todos os tempos e tráeo á actualidade, entregándolle os dotes sensuais que Stoker quixo darlle a Drácula, pero dándolle tamén bondade e sentimentos complexos que comparte cunha familia.

Tamén as descricións físicas da raza son novas. Non hai rasgos de novela gótica que poidamos asociar coa morte ou as capacidades asasinas dalgunhas personaxes. Ao contrario, todos os "non humanos" móstranse como unha especie de "Clarks Kents" ao resgate.

Por suposto tamén hai malos; é entón, nas loitas ou fuxidas finais (que sempre hai algunha) cando debemos ter un bo estómago e prepararnos para as aparicións de golpes e, sobre todo, sangue. Pero aínda así estas imaxes son moi escasas e pouco descritivas en comparación con outras. Rapidamente, a protagonista (Bella) logra librarse con menor ou maior sorte dos "malos".

A verdadeira complicación dos libros é que ao lector lle fai falla unha boa dose de paciencia nalgúns momentos, xa que a narradora-protagonista conta minuciosamente cada unha das súas actividades do día, sen permitirse deixar apenas unha hora en branco. Ás veces custa resistirse á tentación de saltar algunhas páxinas.

Pero de pronto xorde a acción e quedas atrapado.

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa