3/4/08

Novas da OMIX (abril 2008)





Como xa saberedes, está á vosa disposición no Campo da Feira a Oficina Municipal de Información Xuvenil.


Tel/Fax 986 623 304
Correo electrónico: omixtominho@yahoo.es



Eli é a técnica de mocidade, que visita habitualmente o noso centro e nos informa de moitas actividades interesantes ás que te podes apuntar. Por exemplo, para este mes de abril tes as seguintes, dirixidas a mozos e mozas de 12 a 35 anos e totalmente gratuitas:


- Programa de deshabituación tabáquica. Comezo o 15 de abril na OMIX.
- Xornadas de educación vial. Mércores 30 de abril no IES de Tomiño.
- Curso de Malabares. Sábado 12 e Domingo 13 de abril no Campo da Feira.
- Curso de Pandeireta. Comezo o 9/16 de abril no Centro Goianés.
- Concurso de Pintura (estilo libre). Prazo de entrega dos traballos: 28 de abril.

Ademais é importante destacar que xa está aberto o prazo de inscrición na CAMPAÑA: ACCIÓN VERÁN 2008 da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para os campamentos dirixidos a nenos e nenas de 9 a 17 anos e para as actividades ofertadas a mozos e mozas de 18 a 35 anos. LEMBRA: O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O 11 DE ABRIL