Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2008

Premios

1º premio do concurso de deseño "O Papasol" para a categoría B, obra de Nair Melo Pazos. Seguramente xa vistes expostos no noso centro os deseños gañadores do Concurso de Debuxo "O papasol". O xuri estivo composto por Puri Ameixide, en representación da Biblioteca, Fernando Ortiz, polo Departamento de Debuxo, Cruz Garrido, polo Equipo Directivo e Santi Groba como representante do alumnado no Consello Escolar. Non houbo participantes da categoría C, pero dada a gran calidade e cantidade das obras presentadas nas outras categorías, o premio acumulouse a estas, de maneira que se entregarán dous premios para a categoría A (primeiro ciclo ESO) e dous premios para a categoría B (segundo ciclo ESO), ás seguintes participantes: CATEGORÍA A: 1º premio: Jenifer Guerreiro Costa, 1ºD 2º premio: Claudia Alonso Alonso, 1ºC CATEGORÍA B: 1º premio: Nair Melo Pazos, 3ºE 2º premio: Bianca Fernández Díaz, 3ºA ... A Biblioteca porase en contacto convosco para a entrega de premio

Festa das Letras Galegas

O venres 16 de maio, a partir das 12:00h., celebraremos o Día das Letras, con actividades do máis diverso: ademais das Exposicións que se montaron no centro (Sobre Xosé Mª Álvarez Blázquez, e en relación cos seus traballos de etnografía e arqueoloxía, reconstrucións de útiles prehistóricos) haberá unha demostración do uso de enerxías tradicionais, aplicadas a unha cociña solar coa que o alumnado de 1º bacharelato nos preparará un chocolate solidario. Leremos o manifesto "Polo dereito a vivirmos en galego" e poemas de Xosé Mª Álvarez Blázquez, colocaremos as tradicionais pedras no Milladoiro das Palabras e admiraremos os Maios elaborados polo alumnado de 1º ciclo de ESO... E moitas cousas máis, por exemplo unha actuación musical sorpresa dun grupo do profesorado... (Non pode haber festa sen música)

O mes das Letras Galegas

Ao longo do mes de maio son moitas as iniciativas en prol da nosa lingua organizadas por diversas entidades, por exemplo o Correlingua , que será o xoves 15 de maio, en Salceda , e do noso centro acudirán os grupos de 3º ESO. A saída será ás 9:30h. e regresarán para as 14:30h. De entre as iniciativas que se poden ver na Rede, poida que vos pareza graciosa esta: a agrupación comarcal luguesa da Mesa pola Normalización Lingüística organizou o concurso Mobilízate pola túa lingua dentro da campaña "Polo dereito a vivirmos en galego" de cara a promover a manifestación que co mesmo lema se vai celebrar en Compostela o vindeiro 18 de maio . Recibiron moitos videos interesantes, a duración máxima é de dous minutos, e poden verse os finalistas no blog da Mesa en Lugo . Recomendámosvos especialmente o chiki friki do galego. Se queres acudir á manifestación en Compostela o domingo 18 de maio, saberás que comeza ás doce na Alameda e rematará na Praza da Quintana. A Concellería de Mocid

Escribes?

Lembrámosvos que no vestíbulo de acceso á Biblioteca tedes información útil sobre certames literarios e doutro tipo. Desde aquí animámosvos especialmente a participar no Primeiro Certame Literario CEIP de Sobrada e no Segundo Certame de Poesía "Xela Arias" do IES "A Sangriña" de A Guarda . Por outra parte, no noso centro chegou o momento de elaborar a revista, Brétema . Este ano, ademais das seccións habituais, de creación literaria, noticias e actividades realizadas durante o curso, artigos de investigación e divulgación interesantes, etc, dende o Equipo de Normalización propóñennos novas seccións: CARTAS DO LECTOR: Escribide facendo suxerencias, críticas, comentarios sobre o centro, contando as vosas impresións sobre a vida diaria nel... HUMOR: Rir e moi san. Anécdotas, chistes, contos que fagan sorrir ou rir ás gargalladas... ENTREVISTAS: A alguén relevante na vida do centro ou da vila. DEPORTES: Noticias sobre o deporte local. Mozos e mozas do centro que pract