Saltar ao contido principal

O mes das Letras Galegas

Ao longo do mes de maio son moitas as iniciativas en prol da nosa lingua organizadas por diversas entidades, por exemplo o Correlingua, que será o xoves 15 de maio, en Salceda, e do noso centro acudirán os grupos de 3º ESO. A saída será ás 9:30h. e regresarán para as 14:30h.

De entre as iniciativas que se poden ver na Rede, poida que vos pareza graciosa esta: a agrupación comarcal luguesa da Mesa pola Normalización Lingüística organizou o concurso Mobilízate pola túa lingua dentro da campaña "Polo dereito a vivirmos en galego" de cara a promover a manifestación que co mesmo lema se vai celebrar en Compostela o vindeiro 18 de maio. Recibiron moitos videos interesantes, a duración máxima é de dous minutos, e poden verse os finalistas no blog da Mesa en Lugo. Recomendámosvos especialmente o chiki friki do galego.


Se queres acudir á manifestación en Compostela o domingo 18 de maio, saberás que comeza ás doce na Alameda e rematará na Praza da Quintana. A Concellería de Mocidade do Concello de Tomiño facilítache un autobús gratuíto. Este autobús sairá da Praza do Seixo (Tomiño) ás 9:30h. e volverá de Compostela ás 16:30h. Só tes que inscribirte na OMIX... e xa sabes: é gratuíto!

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa