Saltar ao contido principal

Premios







1º premio do concurso de deseño "O Papasol" para a categoría B,
obra de Nair Melo Pazos.





Seguramente xa vistes expostos no noso centro os deseños gañadores do Concurso de Debuxo "O papasol". O xuri estivo composto por Puri Ameixide, en representación da Biblioteca, Fernando Ortiz, polo Departamento de Debuxo, Cruz Garrido, polo Equipo Directivo e Santi Groba como representante do alumnado no Consello Escolar.
Non houbo participantes da categoría C, pero dada a gran calidade e cantidade das obras presentadas nas outras categorías, o premio acumulouse a estas, de maneira que se entregarán dous premios para a categoría A (primeiro ciclo ESO) e dous premios para a categoría B (segundo ciclo ESO), ás seguintes participantes:
CATEGORÍA A:
1º premio: Jenifer Guerreiro Costa, 1ºD
2º premio: Claudia Alonso Alonso, 1ºC
CATEGORÍA B:
1º premio: Nair Melo Pazos, 3ºE
2º premio: Bianca Fernández Díaz, 3ºA
...
A Biblioteca porase en contacto convosco para a entrega de premios.
Estamos valorando unha festa de final de curso onde exporiamos todos os deseños participantes, pois de verdade que son estupendos (á esquerada podes ver o 1º premio da categoría A, obra de Jenifer Guerreiro Costa). Ese día entregariamos tamén os Premios do Día do Libro, que son os seguintes:
1º premio: Uxía Sobrino de Santiago, 2ºE
2º premio: Tania Troncoso Pérez, 4ºC
3º premio: María Alonso Ferreira, 2ºC
Mencións de Honra: Tamara Pereira Riveiro, 4ºC e Sheila Ríos Campos, 1º bac B

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa