26/6/08

Eu tamén leo...La pasión india

Chegou o verán, tempo de lecer e, como non, de ler. Propoñémosvos unha viaxe á India para estas vacacións.

Un libro que vale a pena, por Alberto Fagín, profesor do Ciclo de Traballos Forestais

A protagonista é unha moza andaluza, a principios do século XX, que vive en Madrid e traballa como bailaria nun local de recoñecido prestixio. O local recibe un día a visita dun Rajá hindú que queda prendado da súa beleza. Entón empeza unha relación amorosa que termina coa sua unión e a moza convértese na nova princesa de Kapurtala, unha rexión moi pobre da India.

Ó longo da novela cóntase a historia desa muller que narra as súas vivencias nun lugar tan diferente do que ela coñecía, a convivencia multicultural nese enorme país de tanta diversidade relixiosa, como funcionaba a ocupación británica e como había conflitos entre ámbalas dúas partes, describe a problemática (que aínda existe actualmente) no norte do país, e sobre todo o libro é magnífico pola extraordinaria descrición que fai dos costumes do pais hindú e dos excesos dos Rajas e Majarajas mentres o pobo pasaba fame... Pero o que máis me fascionou foi a historia de amor que acontece contra o final.

18/6/08

actividades fin de curso

...
O vindeiro venres día 20 pecharemos o curso cunha serie de actividades a partir do recreo, entre elas o sorteo das cocas para o premio do Catálogo de árbores senlleiras, e a entrega dos diferentes premios a cargo da Biblioteca (Día do Libro, Concurso de deseño "o papasol"...) Por certo, no salón de actos poderedes ver a exposición con todos os deseños participantes. Unha vez máis, grazas a todos e todas !!
...

13/6/08

Prazos de matrícula

Pronto rematará o curso e teremos que ir pensando no curso que vén, así que aquí tedes a información necesaria para matricularvos no noso centro:

PARA MATRICULARSE NA ESO

1º E.S.O.

Prazo de matrícula:
23, 24 e 25 de xuño de 2008 (de 9 a 14 h)

Documentación:
- Impreso de matrícula debidamente cuberto (adquírese no propio centro: 0,50 € )
- 2 fotos para o expediente co nome e apelidos por detrás
- 2 fotos para o pase de autobús (se utiliza transporte) co nome e apelidos por detrás
- Fotocopia DNI (sen recortar) ou fotocopia libro familia
- Fotocopia tarxeta sanitaria (sen recortar)

Alumnos doutros CONCELLOS: Certificado de empadronamento

Para os demais cursos da ESO:

1. ALUMNOS DO PROPIO CENTRO

Prazo de matrícula
- Se aproban TODO en xuño: 26, 27 e 30 de xuño de 2008 (de 9 a 14 h)
- Se suspenden algunha en xuño matricúlanse en setembro, despois de faceren os exames de setembro.

Documentación:

2ºESO:

- Impreso de matrícula debidamente cuberto (adquírese no propio centro: 0,50 € )
- 1 foto para o expediente co nome e apelidos por detrás
- 2 fotos para o pase de autobús (se utiliza transporte) co nome e apelidos por detrás

3º ESO / 4º ESO :

- Número da Seguridade Social (NUSS)
- SEGURO ESCOLAR (Ingresar 1,12 euros na conta do I.E.S. de Tomiño en CAIXANOVA e traer o xustificante)

2. ALUMNOS PROCEDENTES DOUTROS CENTROS

Prazo de matrícula
- Se aproban TODO en xuño: 25, 26, 27 e 30 de xuño de 2008 (de 9 a 14 h)
- Se suspenden algunha en xuño matricúlanse en setembro, despois de faceren os exames de setembro.

Documentación
- Impreso de matrícula debidamente cuberto (adquírese no propio centro: 0,50 € )
- 2 fotos para o expediente co nome e apelidos por detrás
- 2 fotos para o pase de autobús (se utiliza transporte) co nome e apelidos por detrás
- Fotocopia DNI (sen recortar) ou fotocopia libro familia
- Fotocopia tarxeta sanitaria ou da Cartilla da Seguridade Social
- Certificado de empadronamento en Tomiño
- Certificado de estudos do último curso, é imprescindible

ADEMAIS, PARA 3º e 4º ESO:

- Número da Seguridade Social (NUSS)
- SEGURO ESCOLAR (Ingresar 1,12 euros na conta do I.E.S. de Tomiño en CAIXANOVA e traer o xustificante)

PARA MATRICULARSE NOS CICLOS FORMATIVOS:

Prazo de matrícula :
- Se remataron a ESO: 21 a 28 de xullo de 2008 (de 10 a 13 h)
- Se non aproban 4º ESO ata setembro, matrícula en outubro

Documentación

1. ALUMNOS DO PROPIO CENTRO

- Impreso de matrícula debidamente cuberto (adquírese no propio centro:0,50 € )
- 2 fotos co nome e apelidos por detrás
- SEGURO ESCOLAR (Ingresar 1,12 euros na conta do I.E.S. de Tomiño en CAIXANOVA e traer o xustificante)
- Fotocopia DNI sen recortar (alumnos de 1º ano)

2. ALUMNOS PROCEDENTES DOUTROS CENTROS

- Impreso de matrícula debidamente cuberto (adquírese no propio centro:0,50 € )
- 2 fotos co nome e apelidos por detrás
- Fotocopia DNI (sen recortar)
- Fotocopia tarxeta sanitaria
- Certificado de cumprir os requisitos para o acceso a ciclos
- Número da Seguridade Social (NUSS)
- SEGURO ESCOLAR (Ingresar 1,12 euros na conta do I.E.S. de Tomiño en CAIXANOVA e traer o xustificante)

PARA MATRICULARSE NO BACHARELATO

Prazo de matrícula: 14 a 18 de xullo de 2008 (de 10 a 13 h). Se suspenderon algunha en xuño, matrícula en setembro, despois de facer os exames de setembro.

Documentación

1. ALUMNOS DO PROPIO CENTRO

- Impreso de matrícula debidamente cuberto (adquírese no propio centro:0,50 € )
- SEGURO ESCOLAR (Ingresar 1,12 euros na conta do I.E.S. de Tomiño en CAIXANOVA e traer o xustificante)
- 2 fotos co nome e apelidos por detrás
- Fotocopia DNI sen recortar (alumnos de 1º ano)

2. ALUMNOS PROCEDENTES DOUTROS CENTROS

- Impreso de matrícula debidamente cuberto (adquírese no propio centro:0,50 € )
- 2 fotos co nome e apelidos por detrás
- Fotocopia DNI (sen recortar)
- Fotocopia tarxeta sanitaria
- Certificado de Estudos
- Certificado de Empadronamento
- Número da Seguridade Social (NUSS)
- SEGURO ESCOLAR (Ingresar 1,12 euros na conta do I.E.S. de Tomiño en CAIXANOVA e traer o xustificante)

2/6/08

Eu tamén leo... “El maravilloso viaje de Nils Holgersson”

Os libros que lemos cando nenos acompáñannos para sempre. Realmente, non seriamos nós mesmos sen eles. Algúns, co paso do tempo, convértense en clásicos, como este de Selma Lagerlöf, Premio Nobel de Literatura en 1909.

A infancia é a nosa patria , por Eduardo Fresco, profesor de Filosofía

Se é certo que a infancia é a nosa patria, o meu país nativo tal vez fora Suecia. Cando era aínda máis pequeno que agora, sempre, sempre que estaba enfermo (e librábame de ir ao colexio) lía o mesmo libro: “El maravilloso viaje de Nils Holgersson a través de Suecia”, de Selma Lagerlöf. Conta cómo un rapaz é convertido nun duende e emprende, subido a un ganso doméstico adoptado por unha bandada de gansos salvaxes, unha longa migración cara ao norde a través de toda Suecia.
En realidade (iso entendino máis tarde) é un libro de xeografía para escolares escrito por encargo do goberno, grazas ao cal miles de rapaces suecos aprenderon, dende 1906, a mitoloxía, a historia e os costumes do país, a ubicación dos ríos e es cidades, dos desfiladeiros e as montañas. Pero para min, que nada teño que ver co país escandinavo, era a escapatoria da febre, a tos e o aburrimento. Mentres meu pai estaba de viaxe, os meus cinco irmáns ían no cole (daquela había clase mañá e tarde de luns a venres) e a miña nai trasteaba na cociña, eu viaxaba por toda Suecia subido no pescozo dun ganso doméstico fuxitivo, facendo turnos na formación en uve (xa saben, cuestións de aerodinámica) e vendo todo un país a vista de paxaro: calzadas de xigantes, cidades sumerxidas, esforzados labregos escandinavos.

De tanto que o lin cheguei a aprenderme o título en sueco (Nils Holgerssons underbara resa, así, pronunciado a martelazos) e fixen un detallado mapa de toda a ruta de vóo.

Hai libros que cando un os le os reescribe ao seu soberano gusto. Eu reescribín este tantas veces como o sigo recordando hoxe. Por iso endexamais o volvín ler. É mellor así. Tal vez se os tumbos da vida me deixan voltar á infancia en forma de ancián emprenderei outra vez a paciente migración cara a terras mellores, fatigado pero (espero) satisfeito do camiño, desexando en van (esta vez sí, en van) non chegar nunca ao final. Que os deuses me concedan esa sorte!