26/6/08

Eu tamén leo...La pasión india

Chegou o verán, tempo de lecer e, como non, de ler. Propoñémosvos unha viaxe á India para estas vacacións.

Un libro que vale a pena, por Alberto Fagín, profesor do Ciclo de Traballos Forestais

A protagonista é unha moza andaluza, a principios do século XX, que vive en Madrid e traballa como bailaria nun local de recoñecido prestixio. O local recibe un día a visita dun Rajá hindú que queda prendado da súa beleza. Entón empeza unha relación amorosa que termina coa sua unión e a moza convértese na nova princesa de Kapurtala, unha rexión moi pobre da India.

Ó longo da novela cóntase a historia desa muller que narra as súas vivencias nun lugar tan diferente do que ela coñecía, a convivencia multicultural nese enorme país de tanta diversidade relixiosa, como funcionaba a ocupación británica e como había conflitos entre ámbalas dúas partes, describe a problemática (que aínda existe actualmente) no norte do país, e sobre todo o libro é magnífico pola extraordinaria descrición que fai dos costumes do pais hindú e dos excesos dos Rajas e Majarajas mentres o pobo pasaba fame... Pero o que máis me fascionou foi a historia de amor que acontece contra o final.