Saltar ao contido principal

Concurso "Contos de Nadal"

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello e a OMIX convocan un concurso de “Contos de Nadal”, con tema libre anque centrado no Nadal, escritos en galego e unha extensión máxima de 5 folios (letra Times New Roman, tamaño 12, dobre espazo).
O prazo de entrega dos relatos remata o 22 de decembro. Os orixinais presentaranse, mediante o sistema de plica, na oficina da OMIX, ou no Servizo de Normalización Lingüística, ou poden enviarse por correo a CONTOS DE NADAL, CONCELLO DE TOMIÑO, Praza do Seixo 1, 36740 Tomiño.

Establécense tres categorías con dous premios cada unha:
Categoría A (de 6 a 8 anos): 1º premio de 60 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros
Categoría B (de 9 a 12 anos): 1º premio de 60 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros
Categoría C (de 13 a 18 anos): 1º premio de 100 euros + un lote de libros / 2º premio : un lote de libros

A entrega de premios realizarase o día 24 de decembro no salón de plenos do Concello de Tomiño ás 12.00 horas.

Desde aquí animamos a todos e todas a participar: podedes consultar as bases íntegras ou resolver as dúbidas que teñades na nosa Biblioteca.


.

O MÁIS VISTO

Homenaxe a Antón Alonso Ríos

O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando o noso instituto co seu nome. Estes días o Concello celebra no noso centro unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República. Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión. Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista. De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos i

Dillo cun libro

Logo do éxito da campaña de fomento da lectura Lazadas lectoras , seguimos na mesma onda pero con diferente efeméride.  Non podemos negar que en torno ao 14 de febreiro hai un ambiente que a todos nos gusta. Quen lle pecha as portas ao amor? Pois abrir un libro é coma empezar unha historia de amor...! Si, ás veces é unha historia de desamor, pero así é a vida... Anímate a pedir un libro para que llo entreguemos a alguén no teu nome. O libro transmitiralle a túa gran mensaxe. Será coma dicirlle: Q UÉROTE. DILLO CUN LIBRO

Lecturas (adultas) para rir e pensar

Xuntouse de novo o Club de Lectura de Adultos do IES Antón Alonso Ríos para debater sobre o controvertido Wilt , de Tom Sharpe, seica disque un clásico memorable de humor. Wilt segue sorprendendo corenta anos despois da súa publicación, pero cremos que moitas situacións supostamente cómicas da trama non superaron ben o paso dos anos. Coma o protagonista, os membros do club tamén nos preguntamos se é necesaria unha formación literaria mínima sexa cal sexa o perfil laboral do alumnado no futuro. E, en calquera caso, cal é o canon literario básico? Igual non as propostas que Wilt levaba ás clases.  Coma se se tratase dunha entrega dos Monty Python, si nos gustaron moitos as páxinas dedicadas ao famoso interrogatorio entre o profesor Wilt e o inspector Flint, porque a realidade máis absurda pode cuestionar os grupos de poder. E xa demos paso á experiencia lectora coa que agasallamos aos membros do club para este Nadal: El clamor de los bosques , de Richard Powers, obra gañador