Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2009

Últimas rondas do torneo de Xadrez

Continúa o torneo de xadrez cos seguintes resultados: No enfrontamento de cuartos de final que disputaban Daniel Salguero e Diego Álvarez o primeiro clasificouse para as semifinais tras gañar a segunda partida (o luns gañara a primeira). No outro enfrontamento de cuartos de final, Nicolás Costa gañou con negras ó seu compañeiro de clase e rival no campionato Eduardo Fragueiro e parece que ten vantaxe na segunda partida. Por outra banda fíxose o sorteo das semifinais que vai enfrontar o gañador da eliminatoria comentada fronte a Vicente e que está a enfrontar a Noel frente a Daniel. Esta eliminatoria entre Daniel de 1ºD e Noel de 3ºB xa comezou coa victoria con negras do xogador de 3º. A segunda partida xa está en xogo. O venres rematará o torneo. Pronto saberemos quen é o mellor do IES de Tomiño.

Xa hai dous clasificados para a semifinal do campionato de xadrez

Hoxe luns continuou o torneo de xadrez, que cada vez resulta máis emocionante. Na eliminatoria previa que faltaba por rematar, Nicolás Costas conseguiu obter unhas táboas nunha posición dificil e logo gañar na partida de desempate. O seu rival en cuartos de final vai ser Eduardo Fragueiro. As outras 3 eliminatorias de cuartos eran: · a de Vicente Marques frente a Alberto Gómez que foi a primeira en rematar tras abandonar a competición o segundo tras ir perdendo na primeira das dúas partidas. Con este resultado, Vicente convertíase no primeiro semifinalista. · Nabor xogaba frente a Noel, e este último é o segundo semifinalista tras gañar nas dúas partidas. · A última eliminatoria enfronta a Daniel Salguero e a Diego Álvarez. O primeiro conseguiu vencer con negras na primeira partida, polo que agora necesita gañar ou empatar con blancas para estar tamén nas semifinais. O mércores xogaránse as partidas que faltan de cuartos de final.

Torneo de Xadrez, segunda ronda

Hoxe foi a segunda ronda do torneo de xadrez con algunhas partidas que acabaron moi rápido (como a vitoria de Vincent sobre Kevin) e outras que foron moi disputadas. De feito hai unha partida aínda ser rematar (a que están xogando Nicolás e Adrián). O próximo luns comezarán os cuartos de final. A partires desta eliminatoria os enfrontamentos serán a dúas partidas. O sorteo que acaba de realizarse é o seguinte: O gañador da eliminatoria pendente (Nicolás C ou Adrián A) - Eduardo Fragueiro Nabor López - Noel González Vincent M Marques - Alberto Gómez Daniel Salguero - Diego Álvarez

Gran Campionato de Xadrez I.E.S. de Tomiño

Hoxe mércores comezou o campionato de xadrez do IES de Tomiño coa emocionante eliminatoria previa. Finalmente foron 23 os alumnos inscritos no torneo, dos cales 8 quedaron eliminados e quedan 15 para a segunda ronda. Debido á suspensión das actividades lectivas do pasado luns, esta segunda ronda debe disputarse o próximo venres. As seguintes rondas serán o luns e o mércores da próxima semana e as finais no día do Antroido. Os emparellamentos da segunda ronda son os seguintes (xoga con brancas o primeiro xogador): Nicolás Costa - Adrián Acuña Kevin Regedor - Vincent M Marques Noel González - Samuel Rodríguez Brais Diniz - Nabor López Alberto Gómez - David Calzado Paula Alonso - Daniel Salguero Diego Álvarez - Álvaro Álvarez Eduardo Fragueiro -

Concurso Literario Entroido 2009

O Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística do IES de Tomiño convoca, con motivo da celebración do Entroido 2009 un certame literario no que pode participar tanto o alumnado como o profesorado e persoal laboral do centro. Os traballos entregaranse, mecanografados e con plica, aos membros do Departamento de Normalización, ou tamén en Conserxería, ata o 11 de febreiro . Hai tres modalidades: en verso (sen límite de extensión), relato (entre unha e dúas páxinas) e microrrelato (máximo 100 palabras). O fallo farase público coincidindo coa xornada de celebración do Entroido no IES. Os premios entregaranse en acto público, sendo nese mesmo momento no que se abran as “plicas” e se coñezan os verdadeiros nomes dos gañadores ou gañadoras. Os premios son os seguintes: CATEGORÍA ALUMNADO Relato Primeiro premio (Cheque regalo de 30 euros). Segundo premio (Cheque regalo de 20 euros). Verso Primeiro premio (Cheque regalo de 30 euros) Segundo premio (Cheque regalo de 20 euros) Mic