3/2/09

Concurso Literario Entroido 2009

O Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística do IES de Tomiño convoca, con motivo da celebración do Entroido 2009 un certame literario no que pode participar tanto o alumnado como o profesorado e persoal laboral do centro. Os traballos entregaranse, mecanografados e con plica, aos membros do Departamento de Normalización, ou tamén en Conserxería, ata o 11 de febreiro.
Hai tres modalidades: en verso (sen límite de extensión), relato (entre unha e dúas páxinas) e microrrelato (máximo 100 palabras).

O fallo farase público coincidindo coa xornada de celebración do Entroido no IES. Os premios entregaranse en acto público, sendo nese mesmo momento no que se abran as “plicas” e se coñezan os verdadeiros nomes dos gañadores ou gañadoras.

Os premios son os seguintes:


CATEGORÍA ALUMNADO

Relato

Primeiro premio (Cheque regalo de 30 euros).

Segundo premio (Cheque regalo de 20 euros).

Verso

Primeiro premio (Cheque regalo de 30 euros)

Segundo premio (Cheque regalo de 20 euros)

Microrrelato

Primeiro premio (Cheque regalo de 30 euros)

Segundo premio (Cheque regalo de 20 euros)


CATEGORÍA PROFESORADO E PERSOAL DO CENTRO

Un premio por cada categoría (Material bibliográfico en galego)


Anímate a participar!!! Podes consultar as bases completas da convocatoria nos taboleiros da Biblioteca e na páxina web do centro.