18/2/09

Últimas rondas do torneo de Xadrez

Continúa o torneo de xadrez cos seguintes resultados:
  • No enfrontamento de cuartos de final que disputaban Daniel Salguero e Diego Álvarez o primeiro clasificouse para as semifinais tras gañar a segunda partida (o luns gañara a primeira).
  • No outro enfrontamento de cuartos de final, Nicolás Costa gañou con negras ó seu compañeiro de clase e rival no campionato Eduardo Fragueiro e parece que ten vantaxe na segunda partida.
Por outra banda fíxose o sorteo das semifinais que vai enfrontar o gañador da eliminatoria comentada fronte a Vicente e que está a enfrontar a Noel frente a Daniel.
  • Esta eliminatoria entre Daniel de 1ºD e Noel de 3ºB xa comezou coa victoria con negras do xogador de 3º. A segunda partida xa está en xogo.
O venres rematará o torneo. Pronto saberemos quen é o mellor do IES de Tomiño.