Saltar ao contido principal

Día das Letras Galegas

A semana pasada celebramos no centro a festa das Letras. Isabel Conde González, (2º bac. B) proponnos este contiño para que reflexionemos sobre a situación da nosa lingua.


- Hola, buenos días.
- Ola, bos días.
- Usted ha venido a poner una denuncia, ¿verdad?
- Si, veño denunciar ó meu irmán.
- ¿A su hermano? ¿Y que le ha hecho su hemano?
- Pois a verdade é que teño medo, penso que se propón acabar comigo.
- ¿Y que le hace pensar eso?
- Os feitos, señor, os feitos!
- ¿Qué hechos? Explíquese.
- Vostede debe saber que xa non é a primeira vez. El xa o intentou hai tempo, incluso estiven moitos anos detido, na cadea, sendo eu totalmente inocente, dixo que eu era perigoso, acusoume de querer traizoalo. E eu só quería vivir en paz, coma sempre, no meu fogar, coa miña xente…
- Pero ahora usted es libre, y su situación es legal, está protegido por ley, ¿no?
- Si, pero el quedou con moitas cousas que eran miñas, e non tiña dereito… e eu conformeime coa liberdade. Agora eu xa me estaba recuperando, pero el ten aliados moi fortes, a xente xa non confía en min…e iso que eu coñecín os seus ancestros, eles confiaban en min.
- Entonces dice usted que se siente amenazado, pero la ley lo ampara, debería estar tranquilo.
- ¿De que me serve a lei cando a xente me rexeita? Vostede debería saber mellor ca ninguén que sen a confianza das persoas o meu traballo non vale nada, sería mellor non existir, como meu pai, que despois de darnos a vida a todos, morreu.
- No diga eso hombre, además se dice que goza usted de buena salud y de un magnífico porvenir.
- Contan o que lles convén pero eu dígolle que non, que as cousas deben cambiar ou estarei sentenciado…
- A ver, cuénteme concretamente que acciones está llevando a cabo su hermano en su contra.
- En primeiro lugar, acaparou os medios de comunicación, e agora a xuventude pensa que estou pasado de moda, como non saio na tele que eles vén…e agora ademais din que xa non me van deixar dar clase! Por que me afasta dos rapaces? Non ten dereito, eu levo vivindo aquí dende sempre, nacemos da misma maneira, somos iguais, por que non me deixa en paz? Eu non quero separarme del, só que se cumpran os meus dereitos, nada máis e nada menos que vivir en paz no meu fogar: Galicia.
- La verdad es que tiene razón, pero no sé que decirle, sabe que yo no tengo autoridad, solo le digo que no se rinda que busque apoyos y que luche por o que es suyo. Pero no mencione esto a mis superiores porque puedo tener problemas.
- Ve? Aí o ten, vostede debería estar falando galego pero non é así, isto non é Galicia? Vostede non está traballando na administración de Galicia? Por qué non me fala galego? Quere matarme, igual que o meu irmán?
- No, yo… ten razón, pero o novo Goberno da Xunta non me esixe que fale galego.
- Non sei onde vou ir parar… suponse que a Xunta debería velar pola miña seguridade, pero non é así.
- Se quere conseguir algo vai ter que loitar pola súa conta. Ten que chamar a atención dos máis novos e poñelos da súa parte.
- Si, pero quero poñer esta denuncia, a lei está moi clariña, e se non me fan caso seguirei denunciando ata que me escoiten. Eu e o Castelán nacemos ó mesmo tempo, do mesmo xeito, pero eu nacín aquí e lévolle moitos séculos de vantaxe na miña Terra, por iso el non pode vir aquí e desprestixiarme deste xeito, non o podo permitir. GALEGOS: unídevos a min e loitemos polo que nos pertence!

NOTAS TOMADAS DA DECLARACIÓN PERANTE O XUÍZ DO GALEGO, QUE ACUSA Ó CASTELAN DE ROUBO E INTENTO DE LINGÜICIDIO.

O MÁIS VISTO

Homenaxe a Antón Alonso Ríos

O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando o noso instituto co seu nome. Estes días o Concello celebra no noso centro unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República. Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión. Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista. De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos i

Dillo cun libro

Logo do éxito da campaña de fomento da lectura Lazadas lectoras , seguimos na mesma onda pero con diferente efeméride.  Non podemos negar que en torno ao 14 de febreiro hai un ambiente que a todos nos gusta. Quen lle pecha as portas ao amor? Pois abrir un libro é coma empezar unha historia de amor...! Si, ás veces é unha historia de desamor, pero así é a vida... Anímate a pedir un libro para que llo entreguemos a alguén no teu nome. O libro transmitiralle a túa gran mensaxe. Será coma dicirlle: Q UÉROTE. DILLO CUN LIBRO

Lecturas (adultas) para rir e pensar

Xuntouse de novo o Club de Lectura de Adultos do IES Antón Alonso Ríos para debater sobre o controvertido Wilt , de Tom Sharpe, seica disque un clásico memorable de humor. Wilt segue sorprendendo corenta anos despois da súa publicación, pero cremos que moitas situacións supostamente cómicas da trama non superaron ben o paso dos anos. Coma o protagonista, os membros do club tamén nos preguntamos se é necesaria unha formación literaria mínima sexa cal sexa o perfil laboral do alumnado no futuro. E, en calquera caso, cal é o canon literario básico? Igual non as propostas que Wilt levaba ás clases.  Coma se se tratase dunha entrega dos Monty Python, si nos gustaron moitos as páxinas dedicadas ao famoso interrogatorio entre o profesor Wilt e o inspector Flint, porque a realidade máis absurda pode cuestionar os grupos de poder. E xa demos paso á experiencia lectora coa que agasallamos aos membros do club para este Nadal: El clamor de los bosques , de Richard Powers, obra gañador