Saltar ao contido principal

IES TOMIÑO- LYCÉE FÉNELON: 6º INTERCAMBIO ESCOLAR e Xº ANIVERSARIO DE ENCONTROS

Por Anxos García Monasterio, profesora de francés responsable da actividade


Realizamos este curso o 6º intercambio escolar co mesmo centro francés, o Lycée Fénelon pero ademais celebramos algo moi especial: os nosos dez anos de encontros e de amizade. E por suposto, isto merecía unha festa por todo o alto. E así foi en Tomiño e en Clermont-Ferrand (Auvergne).

Acollimos ó grupo francés do 10 ó 18 de marzo e fixemos moitas actividades xuntos: as específicas para traballar as linguas que estudamos pero tamén un xogo de pistas na biblioteca, outro para descubrir xuntos os misterios de Santiago de Compostela, actividades deportivas e como colofón o gran concerto no que participou todo o centro. Os “franceses” –coma dicimos nós,- din que o pasaron moi ben e destacaron a nosa amabilidade, simpatía e xenerosidade, ademais de insistir no ben e moito que se come en Galicia! – para nós non é novidade, claro!-

A nosa viaxe tamén foi moi ben. Saímos un mes máis tarde, o 19 de abril e voltamos o 30. En Auvernia, pasamos moito frío aínda que tamén luciu o sol e visitamos moitos sitios nas viaxes de ida e volta, que para algo ten que servir “sufrir” tantas hoars de autocar. Vimos as pinturas rupestres de Lascaux II e as vilas de Sarlat-la-Canéda, Avignon et Carcassonne. Pero o máis entrañable foron os días pasados cos nosos amigos en Clermont, acolléronnos moi ben no concello e no centro, cantamos e tomamos o pastel do décimo aniversario e claro, tamén traballamos algo: fomos a algunhas clases e fixemos as actividades específicas do proxecto “Aprendendo xuntos”, tête à tête cos nosos correspondants. Tamén coñecimos moitos sitios en Auvergne (a súa capital, Clermont, a cadea de volcáns, o museo Michelin...) pero coma sempre, o que máis nos gustou foi ir cos nosos correspondants á vila do Puy-en-Velay ( O Santiago de Compostela auvernés!) e iso que hai que estar ben en forma para subir tantas costas e escaleiras como hai no Puy pero vale a pena!

Algúns sufriron algo coas comidas e con tanto queixo pero de volta, o balance é moi positivo , moitos recomendan vivir esta experiencia e moitos quixeran repetila, sobre todo porque se fan moitas amizades e se pasan moi bos momentos con todos os compañeiros! Pero para participar tamén convén falar un pouquiño de francés! Veña, animádevos!

As profesoras de francés agradecemos moito a todos ós que traballan no centro a súa colaboración e, moi especialmente, ó alumnado e profesorado que organizou todas as actividades lúdicas. Foron un éxito! E tamén ó Concello pola súa acollida e ás empresas de transprte (ATSA e Suárez) que coma sempre nos brindaron a súa axuda sen ninguna obxeción. E por suposto ós/as alumnos/as que participaron e ás súas familias, sen a súa confianza esta actividade non sería posible. Moitas grazas a todos/as.

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa