Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2009

Celebracións no mes de Novembro

Ata o día 30 estades aínda a tempo de entregar os orixinais para o Concurso de Historias de Medo que se organiza con motivo do Samaín ! Tedes as bases nos taboleiros do centro e na Biblioteca, onde tamén podedes ver unha exposición de libros de medo que están á vosa disposición. Os premios do Concurso de Historias de Medo entregaranse durante a celebración do Magosto, que terá lugar o vindeiro luns 23 de novembro . Estade atentos porque para o Magosto se organizarán moitas actividades interesantes que non quereredes perder!

PALABRAS CON MEMORIA

PALABRAS CON MEMORIA é unha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que ten por obxecto recuperar palabras nosas en desuso, ou sexa, en perigo de extinción. E tamén palabras e expresións que non recollen os dicionarios. Esta asociación propón que durante un tempo, para facerlle fronte á globalización e dado que semella posíbel a revitalización e repoboación do noso agro, que entre todos/as recuperásemos o nome dos produtos que nel se daban e quizais se volvan dar. Trátase de, ademais de achegar nomes de castes de froitas, verduras e outros produtos do campo, facer cando se crea necesario unha pequena descrición, resaltando as súas características. Porque as novas xeracións non saben o que é unha saborosa camoesa ou un delicioso peruco e en troques coñecen a encerada "red winter" e a insípida "golden" que lles venden no supermercado. Tamén sería interesante saber particulares tratamentos ou embutidos non comúns da carne do porco ou doutros an