Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2009

Visita de Anxo Fariña

O autor da serie dos Megatoxos visitou o noso centro o día 25 de novembro para conversar co alumnado de 2º ESO sobre o proceso de creación de historias dentro dunha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Servizo de Normalización do Concello de Tomiño. Estamos desexando ler a terceira entrega, e tamén as sucesivas posto que están previstos sete volumes, algún dos cales sabemos de boa tinta que nos trasladará xa non ao pasado senón ao futuro...

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O día 25 de novembro celebramos un acto especial organizado polo Departamento de Lingua Galega e literatura para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero. Tratouse dunha mesa redonda seguida dun coloquio entre as ponentes e o público. Tivo lugar nun espazo ben bonito para se celebraren actos deste tipo: démoslle un novo uso á cafetaría do centro. Acudiron todos os grupos de 3º ESO e mais 3º e 4º PDC. Interviñeron no acto: Cruz Dafonte Raña, Licenciada en Dereito, traballa como Asesora xurídica na Oficina de Igualdade e Benestar de Gondomar e acode semanalmente a prestar asesoramento ás mulleres de Tomiño; Cati Cerqueira, Licenciada en Psicoloxía e Técnica de Igualdade no noso concello. Confirmara a súa asistencia Sandra González, a alcaldesa de Tomiño, mais non puido acudir por motivos de axenda. O acto contou con presentación teórica powerpoint, lecturas de casos reais e declaracións de vítimas perante o xuiz, música e videoclips de cantautores como Pedro Guerra ou