Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2010

Hora do planeta

Este sábado 27, entre as 20:30 e as 21:30 h. será A HORA DO PLANETA 2010 A Hora do Planeta é unha iniciativa global de WWF onde individuos,organizacións, empresas e gobernos apagan as luces durante unha hora para votar en favor da acción sobre o cambio climático. Ao votaren cos seus interruptores de luz, os participantes da Hora do Planeta envían unha poderosa mensaxe visual aos seus dirixentes esixindo acción inmediata sobre o cambio climático. A próxima Hora do Planeta terá lugar o sábado, 27 de marzo de 2010 ás 20:30, hora local. Millóns de personas en todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora, simbolicamente, chamando á acción sobre o cambio climático. En 2009 uns mil millóns de persoas de máis de 4000 ciudades en 88 países participaron neste evento. En España participaron uns catro millóns de persoas e 200 cidades, apagando edificios emblemáticos como a Alhambra de Granada, a Cibeles, o museo Guggenheim, la torre Agbar de Barcelona e centos de edificios máis.

Semana da Muller

A pesar da paralización das actividades lectivas por mor dos destrozos causados polo temporal, xa nos imos recuperando e puidemos celebrar a SEMANA DA MULLER, cunha serie de actividades e exposicións como as seguintes: - Muller e traballo: Exposición de fotografías antigas e modernas coa muller como protagonista, realizando diferentes traballos. Agradecemos ao alumnado e profesorado do centro as súas aportacións. - O sexismo na publicidade: Exposición sobre o tratamento da muller e o uso da figura feminina na publicidade, realizada por alumnado de 3º de ESO. - 100 mulleres galegas: exposición sobre a vida e obra de 100 galegas senlleiras do noso pasado e do noso presente. Ademais tivemos ocasión de celebrar unha charla-coloquio co lema “A visualización das mulleres en traballos tradicionalmente masculinos”, o xoves 11 de marzo, coa presenza de: -Sandra González, alcaldesa de Tomiño - Cristina Rodríguez Ortega, enxeñeira técnica industrial - Ana Fernández, profesora da Universidade de V

Volvemos a clase este luns, 8 de marzo

Co visto bo da Unidade Técnica da Consellería, o IES de Tomiño reinicia as actividades lectivas o luns 8 de marzo ás 9:00h. Porén, o papasol lamenta moito informar que a biblioteca permanecerá pechada, pois hai que renovar o teito, pulir e vernisar o piso... Pero non desesperedes: anque o espazo físico da biblioteca estea tan prexudicado o seu espírito permanece e os fondos están case todos a salvo. Tentaremos de encontrar unha maneira de continuar, polo menos, co servizo de préstamo. Iso require trasladar ordeadamente os materiais a algún espazo onde poidamos xestionalos provisionalmente, posiblemente o salón de actos. Igualmente proseguirán as actividades do Club de Lectura, anque nos reuniremos noutro lugar. Nada nos vai deter, porque a biblioteca é moito máis que o espazo físico que ocupa.

non haberá clase en ningún nivel

Por orde da Unidade Técnica suspéndense indefinidamente os cursos convocados de Ciclos, PCPI e 2º de Bacharelato ata nova orde. O edificio non presenta as condicións de seguridade mínimas para as actividades lectivas. Polo tanto non hai ningún curso con actividades lectivas neste momento.

recuperándonos de Xynthia

Na imaxe podedes ver parte da cuberta do instituto e xa vos facedes unha idea de que as aulas específicas do segundo andar son, neste momento, as que se atopan nunha situación máis delicada no caso de que chova, anque ao longo da xornada de hoxe o profesorado e demais persoal do centro estivo recollendo os materiais destas aulas para minimizar os riscos de desperfectos. Seguen suspendidas indefinidamente as actividades lectivas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, e de 1º de Bacharelato. Reanúdanse as actividades lectivas de 2º de Bacharelato, Ciclos formativos de Electrónica e Forestais e PCPI (Programa de Cualificación Profesional) a partir do mércores 3 de marzo. Non deixedes de consultar a páxina web do centro