Saltar ao contido principal

Semana da Muller

A pesar da paralización das actividades lectivas por mor dos destrozos causados polo temporal, xa nos imos recuperando e puidemos celebrar a SEMANA DA MULLER, cunha serie de actividades e exposicións como as seguintes:
- Muller e traballo: Exposición de fotografías antigas e modernas coa muller como protagonista, realizando diferentes traballos. Agradecemos ao alumnado e profesorado do centro as súas aportacións.
- O sexismo na publicidade: Exposición sobre o tratamento da muller e o uso da figura feminina na
publicidade, realizada por alumnado de 3º de ESO.
- 100 mulleres galegas: exposición sobre a vida e obra de 100 galegas senlleiras do noso pasado e do noso presente.

Ademais tivemos ocasión de celebrar unha charla-coloquio co lema “A visualización das mulleres en traballos tradicionalmente masculinos”, o xoves 11 de marzo, coa presenza de:

-Sandra González, alcaldesa de Tomiño
- Cristina Rodríguez Ortega, enxeñeira técnica industrial
- Ana Fernández, profesora da Universidade de Vigo.

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa