8/4/10

Compromiso co Medio Ambiente

Dentro da nosa preocupación polo Medio Ambiente, o IES de Tomiño está a desenvolver a campaña "Usa Friameira" : en vista da cantidade de recursos do planeta que se gastan na produción de papel de aluminio, comprendemos que envolver en papel de aluminio o bocadillo é innecesario e absurdo. Pódese comprobar que cada día somos máis os que traemos friameira. Este é o cartel que se deseñou no centro en favor desta iniciativa:



















Por outra parte, o Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Forestais puideron finalmente realizar os actos previstos para a celebración do Día da Árbore, que no seu momento foran aprazados polos destrozos sufridos no centro por causa do temporal.

A actividade consistiu na plantación de exemplares de especies autóctonas no recinto do IES, no xardín situado enfrente do centro e no parque que rodea o novo centro de saúde. Na actividade participaron 100 estudantes de 1º de ESO, así como o alumnado do Ciclo de Actividades Forestais e do PCPI.