Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2010

Xornada de Portas Abertas 2010

Non esquezades que este sábado 22 de maio celebraremos unha Xornada de Portas Abertas para que todo o alumnado e as súas familias, así como todas as persoas interesadas en coñecernos, poidan vir e gozar connosco dunha xornada festiva en que daremos a coñecer o centro, as instalacións, os traballos realizados, etc. todo isto aderezado con varios obradoiros, competicións deportivas, actuacións musicais e moitas sorpresas máis. Acudide ao centro o vindeiro sábado 22 de maio de 12 a 14 h. pola mañá e de 16 a 20 h. pola tarde!

Mes das Letras

O pasado xoves 6 de maio celebramos en Tomiño o Correlingua ! Esperamos que todos gozasedes coa actividade e citámosvos para o vindeiro venres 21 de maio, día en que celebraremos no noso centro a tradicional Festa das Letras : haberá actuacións musicais, recital de poemas de Uxío Novoneyra, exposición dos Maios, ofrenda de pedras no Milladoiro das palabras e varios actos máis. Non o esquezades: o venres 21 de maio, a partir das 12:00 h, Festa das Letras no IES de Tomiño.