14/5/10

Mes das Letras

O pasado xoves 6 de maio celebramos en Tomiño o Correlingua! Esperamos que todos gozasedes coa actividade e citámosvos para o vindeiro venres 21 de maio, día en que celebraremos no noso centro a tradicional Festa das Letras: haberá actuacións musicais, recital de poemas de Uxío Novoneyra, exposición dos Maios, ofrenda de pedras no Milladoiro das palabras e varios actos máis. Non o esquezades: o venres 21 de maio, a partir das 12:00 h, Festa das Letras no IES de Tomiño.