Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2010

As goleadoras de Tomiño

O equipo de fútbol sala feminino infantil do IES de Tomiño gañou este ano a final do campionato de liga escolar, e o equipo cadete acadou o segundo posto da súa categoría. A súa adestradora, a profesora Ledicia Seoane , fala con entusiasmo destas alumnas de 1º e 2º de ESO: - Comezamos o adestramento no pasado mes de novembro - conta - Adestramos un recreo cada semana, e os mércores pola tarde. A partir do mes de febreiro engadimos otura sesión de adestramento, os venres pola tarde no Pavillón Municipal. Posteriormente a Concellería de Deportes do Concello de Tomiño doou os equipamentos necesarios e xogamos na liga escolar. O Concello aportou tamén os trofeos para a Xornada de Portas Abertas. Nótase que apreza moito os resultados obtidos en tan pouco tempo. Pero o feito de gañar é o que menos lle preocupa, ela valora máis a mellora que pode ir vendo na coordinación dos movementos e o traballo en equipo. - Por iso temos que xogar todas e avanzar todas ao mesmo tempo, pois ao final o que