Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2010

Ler e Escoitar

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca o CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA "ler e escoitar", para 1º ciclo de ESO e 3º ciclo de Primaria. Os participantes farán unha lectura expresiva de dous textos, un elixido por eles e un elixido polo xurado. A lectura durará entre 4 e 6 minutos. Pódese participar de xeito individual ou en grupo. No caso dos grupos, todos os membros lerán un fragmento de idéntica duración. Cada centro formará un xurado integrado por, como mínimo, dous profesores dese nivel. Seleccionarase un único gañador de cada modalidade (individual/grupo) para que pase á seguinte fase. Gravaranse en vídeo as súas lecturas e enviaranse antes do 30 de outubro para a fase autonómica. Desta segunda fase sairán cinco finalistas, que serán convocados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para realizar en directo a lectura final, consistente de novo nun texto elixido polos concursantes e outro elixido polo xurado. Animádevos a participar! Para unha