Saltar ao contido principal

Ler e Escoitar

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca o CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA "ler e escoitar", para 1º ciclo de ESO e 3º ciclo de Primaria.

Os participantes farán unha lectura expresiva de dous textos, un elixido por eles e un elixido polo xurado. A lectura durará entre 4 e 6 minutos. Pódese participar de xeito individual ou en grupo. No caso dos grupos, todos os membros lerán un fragmento de idéntica duración.

Cada centro formará un xurado integrado por, como mínimo, dous profesores dese nivel. Seleccionarase un único gañador de cada modalidade (individual/grupo) para que pase á seguinte fase. Gravaranse en vídeo as súas lecturas e enviaranse antes do 30 de outubro para a fase autonómica. Desta segunda fase sairán cinco finalistas, que serán convocados pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para realizar en directo a lectura final, consistente de novo nun texto elixido polos concursantes e outro elixido polo xurado.

Animádevos a participar! Para unha información máis detallada consultade os taboleiros da Biblioteca.

O MÁIS VISTO

Homenaxe a Antón Alonso Ríos

O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando o noso instituto co seu nome. Estes días o Concello celebra no noso centro unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República. Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión. Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista. De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos i

Dillo cun libro

Logo do éxito da campaña de fomento da lectura Lazadas lectoras , seguimos na mesma onda pero con diferente efeméride.  Non podemos negar que en torno ao 14 de febreiro hai un ambiente que a todos nos gusta. Quen lle pecha as portas ao amor? Pois abrir un libro é coma empezar unha historia de amor...! Si, ás veces é unha historia de desamor, pero así é a vida... Anímate a pedir un libro para que llo entreguemos a alguén no teu nome. O libro transmitiralle a túa gran mensaxe. Será coma dicirlle: Q UÉROTE. DILLO CUN LIBRO

Lecturas (adultas) para rir e pensar

Xuntouse de novo o Club de Lectura de Adultos do IES Antón Alonso Ríos para debater sobre o controvertido Wilt , de Tom Sharpe, seica disque un clásico memorable de humor. Wilt segue sorprendendo corenta anos despois da súa publicación, pero cremos que moitas situacións supostamente cómicas da trama non superaron ben o paso dos anos. Coma o protagonista, os membros do club tamén nos preguntamos se é necesaria unha formación literaria mínima sexa cal sexa o perfil laboral do alumnado no futuro. E, en calquera caso, cal é o canon literario básico? Igual non as propostas que Wilt levaba ás clases.  Coma se se tratase dunha entrega dos Monty Python, si nos gustaron moitos as páxinas dedicadas ao famoso interrogatorio entre o profesor Wilt e o inspector Flint, porque a realidade máis absurda pode cuestionar os grupos de poder. E xa demos paso á experiencia lectora coa que agasallamos aos membros do club para este Nadal: El clamor de los bosques , de Richard Powers, obra gañador