28/10/10

Regresa a HORA DE LER


O vindeiro martes 2 de novembro retomamos a nosa Hora de Ler, unha sesión de lectura semanal, simultánea para toda a ESO, da que tedes información nas aulas de referencia e nos taboleiros do centro.
As caixas de lectura xa foron depositadas en todas as aulas, e como novidade tedes este ano, en cada caixa, unha libretiña para apuntar as incidencias, dúbidas e suxestións que vaian xurdindo. Na mesma libreta podedes anotar as vosas opinións sobre os libros que leades, e todas as persoas que o fagan, profesores e alumnos, entrarán no sorteo de lotes de libros e material escolar que se fará no mes de abril, con motivo das celebracións do Día do Libro.