Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2010

Redelibros

Nace a primeira rede social galega adicada aos libros: redelibros que vai ser punto de encontro para todo o universo do libro en Galicia: lectores, escritores, libreiros, bibliotecarios, editores, etc. Esta rede permite ao usuario crearse un perfil e participar en foros de debate, chatear cos amigos, subir textos propios, títulos novos e arquivos de audio, comentar e recomendar obras, entre otras cousas. Pódese consultar máis de un millón de libros, e moitos destes títulos ademais ofrecen o primeiro capítulo na rede. O papasol celebra esta iniciativa e xa se rexistrou así que vémonos alí e comentamos as nosas lecturas!

Semana da Ciencia na nosa Biblioteca

Do 8 ao 21 de novembro Como cada mes de novembro, o mundo da ciencia e a innovación quere achegarse a ti co gallo da Semana da Ciencia , o maior evento de comunicación social da ciencia e a tecnoloxía. En realidade son quince días nos que os museos, universidades, centros de investigación, parques tecnolóxicos e mesmo empresas, organizan exposicións, cursos, visitas, obradoiros, mesas redondas, excursións ou conferencias, amosando ao público en xeral o seu traballo diario, tanto nos aspectos máis curiosos como nos máis descoñecidos. A nosa Biblioteca, consciente da necesidade de crear un entorno social máis proclive á ciencia e á innovación, súmase a esta celebración organizando unha exposición de libros de temática científica , co obxectivo de aprender sobre ciencia, afeccionarnos a ela e atopar respostas a moitos interrogantes que xorden na vida cotiá. Neste sentido Mariló Fernández Mira , profesora de Matemáticas, recomenda ao profesorado un dos libros que a Biblioteca che ofrece: L