Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2011

Día de Rosalía

O xoves 24 de febreiro, Día de Rosalía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organiza unha lectura simultánea de textos rosalianos en varias cidades e vilas do país. Estes actos están abertos a todo o público que queira asistir, enviando previamente un correo electrónico á oficina at aelg.org para confirmar que poema vai ler cada asistente, e evitar así eventuais repeticións. - Santiago de Compostela: Panteón de Galegos/as Ilustres, San Domingos de Bonaval, 19:00 horas. - A Coruña: Kiosko Alfonso, 19:00 horas. - Vigo: Casa Galega da Cultura, 20:00 horas. - Lugo: Museo provincial, 19:30 horas. - Betanzos: Salón azul do Edificio do Liceo, 20:00 horas. Colabora a A. C. Eira Vella. - Ferrol: Galería Sargadelos, 19:00 horas. - Ourense. Libraría Torga, 18.00 horas (en colaboración con Gremio LiterAuria). - Pontevedra. Libraría Michelena, 20:00 horas. Podedes ampliar esta información aquí

Centenario de Álvaro Cunqueiro

No 2011 temos unha cita co universo literario e biográfico de Álvaro Cunqueiro: celébrase o centenario do nacemento do escritor.   Recursos e información sobre esta conmemoración AQUÍ A biblioteca pon á túa disposición a obra de Cunqueiro así como estudos sobre o escritor e os seus mundos literarios, e tamén a Fotobiografía Sonora  editada por Ouvirmos que contén numerosos textos, fotografías e dous CD, un traballo fermosísimo da profesora Rexina Vega.