Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2011

A literatura sen libros

Dúas perspectivas conviven hoxe no universo literario: a tradicional e a dixital. Vivimos un periodo de transición cara a un mundo onde o importante non é coñecer un dato senón saber onde facer click para atopalo. Soportes electrónicos de lectura, librarías e bibliotecas virtuais, autores cos que debater online, narrativa hipertextual, comunidades culturais en internet, acceso ilimitado a case todo tipo de obras, posibilidade de converterte en creador, en instrumento do saber, da arte ou do entretemento... Todos estes avances non ameazan á literatura, nin sequera ao libro, como tampouco no seu momento a chegada do cine, a TV e a internet significaron, como algúns profetizaban, o final da ficción literaria; pola contra, os autores aprenderon a convivir con estes medios, mesmo adoptaron nas súas obras procedementos do cine, e a relación entre cine e literatura foi e segue a ser fructífera. Internet propicia un contacto dos autores co seu público cheo de vantaxes para ambas partes. U