Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

Literatura comestible

Moitas veces oirías que un determinado libro é "indixesto" ou que "non hai quen o trague". Ben, pois a partir de agora tamén o poderemos dicir en sentido literal: un restaurador de Murcia vén de presentar no Instituto Cervantes de Pekín os seus menús literarios con nomes como O Libro Vermello con Gamba , a Cortiza Cortázar en Rayuela ou As Mil Follas do Quixote . Ofrece papeis comestibles a diferentes clientes, con diferentes acabados, cheiros e sabores personalizados, ríxidos ou flexibles, en tiras ou en 3D, minúsculos ou en paneis de 30 metros. Parece mentira pero é VERDADE, compróbao AQUÍ

Ler online, de balde e legalmente

Nos tempos que corren cada vez é máis difícil chegar a fin de mes, e xa non digamos atopar a un prezo razoable boas propostas de ocio, así que é bo aproveitar as posibilidades da internet, como por exemplo ler online, completamente de balde, moitos títulos en plataformas coma esta:   Feliz lectura!

Mellorando o noso traballo

Se precisas concentrarte para estudar ou facer as túas tarefas aquí atoparás algúns consellos prácticos:  1. Comeza por establecer prioridades: decide o que farás, cando o farás, que deixarás de lado para outro momento, que farás primeiro e que despois. Se claro e realista, e toma nota do que decidiches.  2. Elimina todo o que poida distraerte: apaga o móbil, a televisión, a radio, e escolle un lugar cómodo. Se outras persoas fan ruído ao teu redor utiliza tapóns auditivos ou auriculares para minoralo.  3. Ordena todo o material que vas utilizar e deixa todo ao alcance da man. Ao estudar podes utilizar subliñado, esquemas, resumos, e resaltar o máis importante con diferentes cores.  4. Cambia de materia cada certo tempo. Ademais está comprobado que logo de 90 minutos a concentración pérdese, polo que é bo descansar un pouco despois deste tempo: escoita música, come unha mazá, toma un té, etc. e logo volve ao teu lugar de estudo ou traballo.  5. Mantén o teu lugar de estudo ordenad

Obter o título da ESO a través de internet

Cada vez é máis necesario ter o graduado en ESO e ademais das opcións de sempre na educación para adultos aparece agora unha nova opción, da man das novas tecnoloxías. Bótalle un ollo, se queres, á posibilidade de obter o título de ESO a través de internet .

Pi ...

Hoxe propoñémosvos ver esta curta, que o pasedes ben! Corto PIPAS from Manuela Moreno on Vimeo .

Verdade ou mentira?

Hai moitas noticias falsas en Internet, algunhas disparatadas, outras interesantísimas... Propoñémosvos un xogo que consiste en descubrir se a seguinte nova é certa ou é un " bluff " (noticia falsa difundida na Rede). A nova sería algo así: "O libro que se autodestrúe" Para que os libros non teñan que esperar para ser lidos, a editorial independente arxentina Eterna Cadencia lanzou un orixinal proxecto denominado "O libro que non pode esperar". O texto desaparece aos 60 días de ser aberto! Os libros están selados pero cando o futuro lector quita o envoltorio e as follas entran en contacto co aire, a tinta comeza a desaparecer. Nese momento empeza a conta atrás e o lector ten só sesenta días para ler a obra antes de que as follas queden en branco. O inconveniente é que coas letras desaparece tamén a posibilidade de volver gozalo... Pois si, por incrible que pareza era VERDADE

Redes sociais educativas

Un equipo integrado por persoas de varios países afincados en Madrid lanza unha rede social que funciona como canle educativa informal, pondo en contacto a expertos e persoas que buscan mellorar a súa formación. A plataforma, chamada Skidsy , aspira a converterse nunha escola social onde a educación estea ao alcance de todos os cidadáns. A páxina web ofrece un amplo listado de escolas ou áreas onde todos os cursos, ideas e talleres propostos teñen cabida. "Skidsy xurdiu co obxectivo de brindar á sociedade unha nova forma de educar e aprender, onde todos os individuos teñan a posibilidade de atopar o seu verdadeiro talento", sinala o director xeral executivo e fundador do proxecto, Brian Miguel. O proxecto xa conta con máis de 2.000 usuarios e un catálogo de 500 cursos dispoñibles en toda a xeografía española. Skidsy espera consagrarse como a maior sociedade de aprendizaxe en toda a Península coa súa próxima expansión en Portugal.

Día da Paz

O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Non perdas as actividades programadas para o recreo dese día, entre elas a confección de grous de papel. Nos recreos do luns, martes e mércores podes aprender a confeccionar esta ave, símbolo da paz, no posto que se instalou no vestíbulo. Por se queres ir practicando deixámoste este titorial: Ademais das exposicións que xa podes ver no vestíbulo, o día 30 no recreo, o alumnado de 2º ESO colocará nun gran mapamundi cales son os conflictos que actualmente existen nos diferentes países mundo para que tomemos consciencia da situación. Cara ao final do recreo, todos os que teñan un ou máis grous de papel poderán colocalos no espazo habilitado para iso, como símbolo do seu desexo de paz. Tamén se proxectarán videos como por exemplo este, "Abrazos", e haberá un grupo de persoas que lle darán abrazos a quen os queira recibir.   Sempre é bo reflexionar sobre a importancia da Paz nos noso