9/12/13

Literatura comestible

Moitas veces oirías que un determinado libro é "indixesto" ou que "non hai quen o trague". Ben, pois a partir de agora tamén o poderemos dicir en sentido literal: un restaurador de Murcia vén de presentar no Instituto Cervantes de Pekín os seus menús literarios con nomes como O Libro Vermello con Gamba, a Cortiza Cortázar en Rayuela ou As Mil Follas do Quixote. Ofrece papeis comestibles a diferentes clientes, con diferentes acabados, cheiros e sabores personalizados, ríxidos ou flexibles, en tiras ou en 3D, minúsculos ou en paneis de 30 metros.

Parece mentira pero é VERDADE, compróbao AQUÍ