Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

ENNOBELANDO ESPERANZAS

       Así se titula esta exposición de 30 traducións do poema PENÉLOPE de X. Mª DÍAZ CASTRO, que podes ver ata o día 20 de outubro na nosa Biblioteca . Os Equipos de Dinamización Lingüística dos IES Monte Carrasco de Cangas, Carlos Casares de Vigo e Indalecio Pérez Tizón de Tui elaboraron esta homenaxe a Xosé María Díaz Castro no Día das Letras Galegas 2014. Buscando rememorar o carácter de tradutor políglota do autor de Nimbos , pretendíase atopar tradutoras ou tradutores a outras linguas do seu emblemático poema “ Penélope ”. As 30 linguas representadas son: castelán, éuscaro, catalán, asturianu, aranés, portugués, francés, checo, grego clásico, holandés, inglés, italiano, latín, oshiwambo, quechua, romanés, ruso, suahili, sueco, urdu, xaponés, chinés, búlgaro, polaco, alemán, hindi, árabe e mapuche. Con elas elaboráronse paneis para a súa exposición, ilustrados, principalmente, polo alumnado do Monte Carrasco, material logo compilado e presentado por Seila Acuña Fe

Educando en valores na aula

No excelente blog KMiño das Letras temos unhas interesantes propostas para traballar en valores na aula, por exemplo en titoría ou en Atención Educativa. Como son curtas, permiten o visionado nunha única sesión e o debate posterior. Algunhas xa as insertamos aquí no pasado, así que agora non o faremos pero pinchando no título podes conseguilas. 1. O Circo das Bolboretas : Esta curta xa é todo un clásico, tratando valores como o respecto ou a dignidade, a necesidade de sentirse aceptados polos demais, romper coas barreiras autoimpostas...  2. Por catro esquiniñas de nada . Esta curta propón aceptar ás persoas que, por un motivo ou outro, son diferentes a nós. Hai que ser tolerantes e solidarias con elas e integralas no noso ambiente, non cambiar a súa forma ou xeito de ser. Neste caso, os seus protagonistas non son persoas senón figuras xeométricas; en concreto, un cadrado e varios círculos. 3.  Pipas : Avalada por diferentes premios, Pipas reflicte a importancia de apr

Dicionarios chulos

Un ano máis comezamos o curso e esta vez queremos celebralo compartíndovos algunhas ferramentas interesantes e divertidas: DIRAE Moito máis que un dicionario, tamén funciona como dicionario inverso, é dicir podes introducir o significado para que procure cal é a palabra e tamén podes pedirlle que busque por etimoloxía ou categoría gramatical. NOMBRA.ME Precioso dicionario de nomes que ademais é capaz de axudarte a facer cousas como rimar e inventar palabras. RIMADOR Buscador de rimas en varios idiomas, unha auténtica loucura, incluso é capaz de xerar poesías automáticas! BUSCAPALABRA Para buscar palabras que comecen ou acaben por unha letra determinada, conta cun rimador, un dicionario de antónimos e sinónimos e incluso un conxugador verbal!

Reflexión e lecer para profesores e estudantes

Chegan as vacacións a aumenta o tempo de lecer, que podemos aproveitar para reflexionar sobre o noso papel como docentes ou como estudantes. Dentro da educación existen moitos temas para o debate que a miúdo son retratados nas películas deixando pegada nas persoas que as ven. Ofrecémosvos algunhas películas para ver nas vacacións, gozar e reflexionar sobre o feito educativo. 1.   REBELIÓN EN LAS AULAS 2. LOS DIARIOS DE LA CALLE 3.  EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS 4.   LECCIONES INOLVIDABLES 5. MENTES PELIGROSAS 6. EDUCANDO A RITA 7. MÚSICA DEL CORAZÓN 8. VIDA DE UN ESTUDIANTE 9. EL INDOMABLE WILL HUNTING 10. LA OLA 11. PROFESOR HOLLAND 12. LA LENGUA DE LAS MARIPOSAS 13. ESTRELLAS EN LA TIERRA 14. HOY EMPIEZA TODO 15. DETRÁS DE LA PIZARRA 16. LA CLASE 17. LA SONRISA DE LA MONA LISA 18. EL CLUB DE LOS EMPERADORES 19. DÉJATE LLEVAR 20. LOS CHICOS DEL CORO 21. UNIDOS PARA TRIUNFAR 22. AL FRENTE DE LA CLASE 23. EL PROFESOR 24. PROFESOR LAZHAR

A Biblioteca tamén para xogar

Recentemente a Biblioteca adquiriu o simpático xogo SABIDURIUS  que se pode usar no instituto e levar en préstamo para casa. Desde aquí animamos ao profesorado, especialmente ao de linguas, a sacarlle partido nalgunha clase! Amplíar información

Celebramos o 23 de abril con música

O vindeiro mércores 23 de abril celebraremos o Día do Libro no noso centro coa visita de Fran Pérez, NARF , compositor e intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición e o teatro. Publicou  varios discos baixo nome artístico de NARF, o último deles "Nas tardes escuras” (El patito editorial, 2013), con poemas de Rosalía de Castro.

Bos consellos

Atopamos na Rede este interesante artigo con bos consellos que che farán reflexionar sobre a túa identidade e o sentido da túa vida. Temas cruciais que as máis das veces non se abordan en clase: cometer erros e seguir adiante, superar os teus medos, tomar decisións e levalas a cabo... Seguro que che gustará.

Curiosidades para bibliófilos

Moita xente goza cos datos curiosos, os récords e rarezas das materias que lles atraen especialmente, por exemplo no noso caso a lectura. O ano pasado publicouse en Xapón o libro máis pequeno do mundo , pero tamén podemos preguntarnos cal é o libro máis vendido, o máis grande, o máis longo... Todas estas preguntas e moitas máis atoparán resposta neste simpático blog que recomendamos a todos os amantes do libro e a lectura: libros singulares