18/4/14

Celebramos o 23 de abril con música











O vindeiro mércores 23 de abril celebraremos o Día do Libro no noso centro coa visita de Fran Pérez, NARF, compositor e intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición e o teatro. Publicou  varios discos baixo nome artístico de NARF, o último deles "Nas tardes escuras” (El patito editorial, 2013), con poemas de Rosalía de Castro.