Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2014

Dicionarios chulos

Un ano máis comezamos o curso e esta vez queremos celebralo compartíndovos algunhas ferramentas interesantes e divertidas: DIRAE Moito máis que un dicionario, tamén funciona como dicionario inverso, é dicir podes introducir o significado para que procure cal é a palabra e tamén podes pedirlle que busque por etimoloxía ou categoría gramatical. NOMBRA.ME Precioso dicionario de nomes que ademais é capaz de axudarte a facer cousas como rimar e inventar palabras. RIMADOR Buscador de rimas en varios idiomas, unha auténtica loucura, incluso é capaz de xerar poesías automáticas! BUSCAPALABRA Para buscar palabras que comecen ou acaben por unha letra determinada, conta cun rimador, un dicionario de antónimos e sinónimos e incluso un conxugador verbal!