Saltar ao contido principal

Dicionarios chulos

Un ano máis comezamos o curso e esta vez queremos celebralo compartíndovos algunhas ferramentas interesantes e divertidas:

DIRAE

Moito máis que un dicionario, tamén funciona como dicionario inverso, é dicir podes introducir o significado para que procure cal é a palabra e tamén podes pedirlle que busque por etimoloxía ou categoría gramatical.

NOMBRA.ME

Precioso dicionario de nomes que ademais é capaz de axudarte a facer cousas como rimar e inventar palabras.

RIMADOR

Buscador de rimas en varios idiomas, unha auténtica loucura, incluso é capaz de xerar poesías automáticas!

BUSCAPALABRA

Para buscar palabras que comecen ou acaben por unha letra determinada, conta cun rimador, un dicionario de antónimos e sinónimos e incluso un conxugador verbal!


O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa