Saltar ao contido principal

Educando en valores na aula

No excelente blog KMiño das Letras temos unhas interesantes propostas para traballar en valores na aula, por exemplo en titoría ou en Atención Educativa. Como son curtas, permiten o visionado nunha única sesión e o debate posterior. Algunhas xa as insertamos aquí no pasado, así que agora non o faremos pero pinchando no título podes conseguilas.





1. O Circo das Bolboretas: Esta curta xa é todo un clásico, tratando valores como o respecto ou a dignidade, a necesidade de sentirse aceptados polos demais, romper coas barreiras autoimpostas... 


2. Por catro esquiniñas de nada. Esta curta propón aceptar ás persoas que, por un motivo ou outro, son diferentes a nós. Hai que ser tolerantes e solidarias con elas e integralas no noso ambiente, non cambiar a súa forma ou xeito de ser. Neste caso, os seus protagonistas non son persoas senón figuras xeométricas; en concreto, un cadrado e varios círculos.

3. Pipas: Avalada por diferentes premios, Pipas reflicte a importancia de aprender e mostra o fracaso escolar da sociedade a través da mirada de dúas mozas novas.



4. A flor máis grande do mundo: Inspirándose nun conto escrito polo Premio Nobel de Literatura José Saramago, que pon voz á historia e aparece como personaxe, invita á solidariedade e as relacións humanas, nun mundo onde a falta de ideais, o egoísmo ou o individualismo prevalecen por riba doutros sentimentos. 

5. Destiny é unha curta visualmente exquisita e propón cuestións como o paso do tempo, a posibilidade de cambiar o noso destino, a rutina do día a día, as obsesións que podemos chegar a ter e que nos impiden avanzar... 



6. The Lost Thing: Gañadora do Óscar en 2011, esta curta é unha chamada de atención ao estilo de vida que levamos e que, moitas veces, non nos deixa ver o que lles ocorre ás persoas que temos ao redor, os seus problemas.

7. Un Conte:  En só dous minutos e sen diálogos falados, relata o drama social da violencia no ámbito doméstico a través dun cabaleiro enmascarado que sae ao resgate dunha muller nova. 



8. A ponte. O respecto aos demais e o consenso á hora de resolver os problemas sen limitarse a mirar só polos intereses persoais. 

9. O alfareiroO interese por facer ben as cousas, a motivación, as ganas de emprender novos proxectos, de transmitir maxia e poñer amor no que facemos.


10. O xigante egoístaBaseado no conto de Óscar Wilde, fala de xenerosidade, de brindar axuda aos demais cando o necesiten, de escoitar, de pedir perdón... 


11. Cordas: O guionista e director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que foi recoñecida co Premio Goya 2014 á Mellor Curta de Animación. A tenrura, a amizade, a inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.


12. O vendedor de fume: Esta curta permite reflexionar sobre o consumismo, a picaresca, como en ocasións lle damos demasiada importancia ás aparencias. Nela, un vendedor ambulante chega ao pobo ofrecendo facer realidade os soños dos seus habitantes, pero estes non teñen tempo para fantasear, están moi ocupados...

13. O home orquestraA trama recolle a importancia de traballar en grupo, como as rivalidades non sempre son boas, en especial cando se levan ao extremo lastimando ao resto de compañeiros. 

14. A viaxe de Said: Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta curta musical de animación con plastilina. Trata o problema da inmigración e tamén quere educar en valores como a solidariedade.

15. O cazo de Lorenzo. Esta curta, baseada nun conto de Isabelle Carrier, relata a vida de Lorenzo, un neno pequeno diferente dos demais que un día descobre que as persoas boas tamén existen. O cazo de cor vermella simboliza as dificultades a vencer. 

16. The Moon (A Lúa). Un neno comeza a traballar co seu pai e o seu avó; entón deberá madurar, escoller o seu propio camiño ou seguir os pasos dos demais.

17. Doll Face. Unha crítica aos medios de comunicación e os estereotipos femininos que en ocasións transmiten. É importante aceptarnos e aceptar aos demais como son, tanto pola súa aparencia como forma de ser. 

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa