17/11/15

Decora a túa aula

Unha vez máis traémosvos ideas para ambientar as aulas, neste caso temos, por un lado, estas propostas de decoración invernal: decoración invernal, en IMAGENES EDUCATIVAS



E por outro lado podedes atopar varias propostas interesantes de Nadal:

- DESEÑA A TÚA PROPIA ÁRBORE DE NADAL

-  ÁRBORES DE NADAL CON MATEIRAIS RECICLADOS

- ADORNOS DE NADAL CON MATERIAIS RECICLADOS

E para os máis peques, preciosas láminas para colorear: COLOREAR O NADAL




12/11/15

Comunicarse non é guasapear



Expertos en psicoloxía e comunicación advirten sobre o mal que se comunica a través do whatsapp, o fácil que é acumular malentendidos e estrés, o recomendable que é falar en persoa os temas importantes. Porque a comunicación non só consiste en palabras, e os aspectos comunicativos da linguaxe non verbal, as expresións faciais, o contacto afectivo, son tan importantes como o significado verbal, ás veces incluso máis.
Amplía esta noticia AQUI

9/11/15

O home que plantaba árbores

Unha parábola sobre a relación entre o home e a natureza, pretende crear conciencia medioambiental sobre a importancia que teñen as árbores para o equilibrio do planeta e o benestar humano. Con esta fantástica obra, o escritor francés Jean Giono aporta o seu gran de area na defensa dos bosques do planeta. Se despois de ver a película queres lela, pídea na nosa biblioteca.


5/11/15

Mellorando a lectura

Compartímosvos esta excelente páxina para mellorar as habilidades lectoras, non deixedes de visitala e probar as actividades que ofrece: LECTURA AGIL



20/10/15

Para decorar a vosa aula




Algunhas clases xa comezan a traballar duro para gañar o concurso da mellor aula do instituto. E a vosa?
Atoparedes ideas estupendas nesta páxina para decorar a vosa aula con manualidades para Halloween: http://www.imageneseducativas.com/completa-coleccion-de-manualidades-infantiles-para-halloween-videos-tutoriales-plantillas/



24/6/15

Máis curtas educativas

A trompeta máxica:
Ambientada nos anos posteriores á gran depresión do 29, cando nace o Swing e se producen graves disturbios raciais, trata dun barbeiro racista que cambiará de actitude tras descubrir unha trompeta máxica.

 

Festa nas nubes: xenial, divertida e emotiva historia.




The change / O Cambio, pretende explicar dun xeito sinxelo e divertido problemas e solucións en relación co cambio climático (deforestación, extracción de recursos naturais...) Un instructivo video que pon de manifesto as diferenzas entre países ricos e pobres e a incidencia do sistema de produción e consumo actual nas poboacións indíxenas.



Máis propostas de CURTAS EDUCATIVAS

27/1/15

A mediados de curso

Estamos nun momento delicado: o bastante lonxe do incio de curso para sentirnos cansos, pero falta moito para final de curso aínda. Por iso, precisamos unha boa dose de enerxía e optimismo. Así que aquí vos deixamos algunas suxestións:

PARA O ALUMNADO

PARA O PROFESORADO

PARA OS PAIS E NAIS