Expertos en psicoloxía e comunicación advirten sobre o mal que se comunica a través do whatsapp, o fácil que é acumular malentendidos e estrés, o recomendable que é falar en persoa os temas importantes. Porque a comunicación non só consiste en palabras, e os aspectos comunicativos da linguaxe non verbal, as expresións faciais, o contacto afectivo, son tan importantes como o significado verbal, ás veces incluso máis.
Amplía esta noticia AQUI
Unha parábola sobre a relación entre o home e a natureza, pretende crear conciencia medioambiental sobre a importancia que teñen as árbores para o equilibrio do planeta e o benestar humano. Con esta fantástica obra, o escritor francés Jean Giono aporta o seu gran de area na defensa dos bosques do planeta. Se despois de ver a película queres lela, pídea na nosa biblioteca.