11/1/16

Feliz dicionario novo

Damos a benvida a un ano novo e a un dicionario novo, DIGALEGO, que en adiante queda engadido aos nosos enlaces habituais á dereita desta páxina e esperamos que vos sexa moi útil.
Realizado pola editorial Ir Indo, consta de 65.000 entradas, desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, e considera como entradas todas as formas verbais. Moi útil resulta tamén o “Repertorio de formas incorrectas”) unha serie de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc.), que remiten á súa forma correcta. Tamén destaca o feito de que se poden buscar palabras partindo de entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano e que mostra equivalencias neses mesmo idiomas e mesmo en chinés.