Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2016

Feliz Día Mundial da Biblioteca

Hoxe celebramos o Día Mundial da Biblioteca e queremos felicitarvos desde a nosa, aínda que non sexa  tan famosa como a exipcia de Alexandría, a máis grande do mundo na súa época, e da que, como veriades, tedes pinceladas informativas na cristaleira do espazo multiusos do noso instituto. Desde aquela ata as actuais, algunhas belísimas e ultramodernas, as bibliotecas son espazos nos que os libros agardan por nós, a que vivamos a vida das súas palabras. Aquí tedes un vídeo feito pola biblioteca pública municipal de Mota del Cuervo no que se lles rinde homenaxe.

Bob Dylan, Premio Nobel de Literatura 2016

A recente concesión do Premio Nobel de Literatura por parte da Academia Sueca a Bob Dylan, un músico que a pesar de ser cualificado pola prensa estadounidense dos anos 60 como un "gran poeta" non deixa de ser un músico, fainos dubidar sobre se a literatura alóxase só en librerías e bibliotecas. Son claros os vínculos das cancións coa primitiva literatura oral e é moi certo que moitos artistas e público vense reflectidos na visión do mundo que Dylan transmite a través das súas letras; mais tamén o é que hai tantos e tantos escritores que merecen este premio e que terán que seguir agardando. Mentres polemizamos sobre estas cuestións e sobre se irá recoller o premio, esperaremos o 10 de decembro escoitando a súa música. Parabéns, Dylan.