Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Treydes comigo a lo mar de Vigo

O pasado venres 17 visitamos co alumnado de 3 ESO e 1º de bacharelato o Museo do Mar de Vigo para contemplar a xoia, por excelencia, da lírica profana galegoportuguesa: o pergamiño Vindel. Este manuscrito de finais do século XIII foi cedido temporalmente á Universidade de Vigo pola Morgan Library de New York, que o custodia desde 1977, tras un longo periplo por bibliotecas privadas, iniciado a comezos do XIX na libraría de Pedro Vindel. Contén sete cantigas de amigo, atribuídas ao trobador Martin Codax, seis delas con notación musical, feito case inédito no noso corpus literario medieval, a excepción do pergamiño Sharrer, con sete cantigas de amor do rei portugués Don Dinis. O mesmo día tamén visitamos o Instituto Camões, institución difusora da lingua e cultura portuguesas, e o centro arqueolóxico Salinae, coa única saliña mariña de evaporación solar conservada de todo o Imperio Romano.

Concursos polo Día das Bibliotecas Escolares

O día 24 de outubro celébrase en todo o mundo o Día das Bibliotecas: vén a celebralo connosco! 1 Envíanos unha foto da túa biblioteca a btomino@gmail.com . Trátase de facer unha foto do recuncho da túa casa onde tes os teus libros, non fai falla que sexan moitos: dous libros xa son unha biblioteca! Non esquezas pór no título da mensaxe "concurso 24 outubro" e no texto da mensaxe poñer o teu nome, apelidos e curso-grupo (se es profe ou persoal laboral do centro, pon o teu departamento ou posto de traballo)    2 Grávate nun pequeno video (non hai mínimo de duración) dicindo cal é o teu libro favorito e explicando por que ou se o prefires lendo un fragmento. Tráeo nun pendrive para copialo na biblioteca ou, se pesa pouco, podes envialo por correo á mesma dirección, btomino@gmail.com, como se indicou no punto anterior. Corre, que o prazo remata o día 23 de outubro ás 14:30 e todos os participantes de ambas modalidades recibirán un agasallo!

Homenaxe a Antón Alonso Ríos

O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando o noso instituto co seu nome. Estes días o Concello celebra no noso centro unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República. Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión. Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista. De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos i

Calendario escolar 2017-18

Imos tomar unhas merecidas vacacións e mentres aquí vos deixamos un avance do que será o vindeiro curso. Vémonos en setembro! O 15 de setembro, venres, comezarán as clases para os estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional. O final do curso será o xoves 21 de xuño de 2018 (menos os alumnos de segundo de bacharelato, que sempre acaban antes para someterse ás probas de acceso á universidade). En decembro de 2017 gozaremos da Ponte desde o día 6 ao 10. As vacacións de Nadal comprenden do 22 de decembro a o 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive. Esta vez o 6 de xaneiro coincide en sábado así que volveremos a clase o luns 8 de xaneiro. As vacacións do Entroido abranguen do luns 12 de febreiro ao mércores 14 incluídos. Semana Santa: do 24 de marzo ao 2 de abril. Este é o calendario escolar é para a Comunidade Autónoma de Galicia polo que non inclúe os festivos municipais, que cambian dependendo o concello.   Se queres o calendario pin

Letras galegas 2017

Este ano, no Día das letras galegas, homenaxéase a Carlos Casares . Carlos Casares naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, e morreu o 9 de marzo de 2002 en Vigo. Iniciouse nos estudos eclesiásticos aos once anos, tras ingresar no seminario Ourensán, onde viviu un ambiente represivo e con prohibición expresa de utilizar a lingua galega.   Cursou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, que finalizará no 1967-68, na especialidade de Filoloxía Románica. Durante estes anos entrou en contacto coa cultura galeguista e co movemento antifranquista estudantil. E, tras finalizar os seus estudos, entre outras ocupacións exerceu a docencia nalgúns centros, onde tivo problemas coa directiva e mesmo acabou expulsado polo seu aberto antifranquismo, ademais de participar en distintas iniciativas de impulso cultural. Casares, á súa vez, tivo un importante papel como figura pública. De feito, foi un dos asinantes do manifesto Realidade Galega, para lograr un Estatuto Galego,

Celebramos o Día do libro 2017

A semana anterior e posterior ao Día do libro, o 23 de abril, que este ano foi domingo, un espazo da zona central do noso centro foi o punto de encontro no que crear precioso libriños de papel e onde atopar libros libres para regalar ou levar ( http://www.bookcrossing.com/ ); máis de 350 exemplares que levarán o nome do IES Antón Alonso Ríos polo mundo. Tamén púidose participar nun concurso no que adxudicar aos profesores a súa obra preferida, tarea moi dificultosa só conseguida por tres alumnos de 3º ESO. Agardamos xa as sorpresas do ano que vén...

¿Lemos o libro ou vemos a peli?

Portada do libro (Andel Novidades) Baseada na novela homónima de Patrick Ness , "Un monstro vén a verme" é unha drama fantástico que nos conta a historia de Conor, un neno de 12 anos que non ten unha vida normal: mentres que a súa nai está gravemente enferma, o mozo sofre un insoportable acoso escolar. É por iso que Conor construíu un mundo de fantasía para poder escapar da crúa realidade. Con todo, este universo cobrará forma cando un día un verdadeiro monstro o visite na súa habitación. A partir de entón, o mozo iniciará unha aventura sen precedentes para enfrontarse á dor, a verdade e a unha avoa que se empeñará en que o mozo comece a madurar. Despois das exitosas cintas "O orfanato" e "O imposible", o director Juan Antonio Bayona contou con parte do equipo co que traballou nos seus anteriores proxectos para facer esta película que posúe avanzadas técnicas de animación empregadas polo propio Steven Spielberg e que se converteu na película máis vis

Imos ó teatro: achegámonos a Cousas de Castelao

O pasado venres 10 de febreiro, uns douscentos alumnos de 1º e 4º de ESO asistiron na Casa da cultura a unha representación teatral baseada no clásico da literatura gallega  Cousas , de Castelao. Nesta proposta teatral da man de Os Quinquillans tentouse ser fiel á obra, publicada en 1926, e composta por pequenos relatos que o autor de Rianxo ilustraba cun debuxo. Na esencia de Cousas está a sociedade galega, o retrato dunha época afastada no tempo, pero con moito de global e atemporal. A montaxe provocou en moitos momentos o riso, posto que Castelao manexaba coma ninguén a retranca, a comedia, a farsa; mais tamén estivo moi presente a tristura e a traxedia, sentimentos variados que se desprenden da obra. Apareceron en escena relatos tan coñecidos como "O pai do Migueliño", que recrea a dureza da emigración, unha temática que tristemente segue a resultar actual; ou o "Rifante", que despois de coñecer o éxito non soubo xestionar unha época mala e cría que a verg

Tres novidades en lingua castelá, recomendadas para o segundo trimestre

1) El mar , de Patricia García Rojo. Rob tiña sete anos cando o mar levoullo todo. Agora, once anos despois, a xente visita en catamarán os pobos dos tellados onde viven os que, como Rob, decidiron quedar nos terreos que gañou o mar. Para o resto da xente pasaron a ser unha atracción turística, e  é que non todo o mundo entende por que non volveron terra dentro, como os demais sobreviventes. O libro está dividido en cen capítulos curtos e sorprende pola súa construción en círculos que van   desde un feito ancorado na realidade -un tsunami- ata a fantasía dunha pedra rosa con propiedades   máxicas, para demostrar que o mundo non é o que   parece. A autora fala neste vídeo sobre o libro, o resto da súa produción literaria e o que sentiu ao gañar o Premio Angular do 2015. Se queredes ter unha opinión do libro, podedes ver a seguinte  videorreseña . 2) El libro de los rostros , de Ana Alonso y Javier Pelegrín. Unha lectura curta, fresca e entretida, que