Saltar ao contido principal

Tres novidades en lingua castelá, recomendadas para o segundo trimestre

1) El mar, de Patricia García Rojo.


Rob tiña sete anos cando o mar levoullo todo. Agora, once anos despois, a xente visita en catamarán os pobos dos tellados onde viven os que, como Rob, decidiron quedar nos terreos que gañou o mar. Para o resto da xente pasaron a ser unha atracción turística, e  é que non todo o mundo entende por que non volveron terra dentro, como os demais sobreviventes.
O libro está dividido en cen capítulos curtos e sorprende pola súa construción en círculos que van   desde un feito ancorado na realidade -un tsunami-
ata a fantasía dunha pedra rosa con propiedades   máxicas, para demostrar que o mundo non é o que   parece.

A autora fala neste vídeo sobre o libro, o resto da súa produción literaria e o que sentiu ao gañar o Premio Angular do 2015.

Se queredes ter unha opinión do libro, podedes ver a seguinte videorreseña.


2) El libro de los rostros, de Ana Alonso y Javier Pelegrín.



Unha lectura curta, fresca e entretida, que trata sobre os perigos das redes sociais, usadas ás veces sen moita precaución. 

A protagonista, Eva, como case todos os adolescentes, síntese a gusto falando a través dunha pantalla, sen ter que mirar aos ollos a quen está alén. Non é unha parva; só precisa sentirse querida. Doutra banda está David, un personaxe tan interesante que tedes que descubrir vós mesmos.





3) Todos los héroes han muerto, de Blanca Álvarez.

Todo comezou coa enfermidade do seu avó, coa súa obsesión por atopar un perdido número seis. Aquel número traspasou as barreiras do seu mundo para instalarse na vida de Vicente. Tratábase só dun número, ou quizá unha clave, un nome? O seis levaba anos acazapado, esperando o momento oportuno para vingarse e Vicente non estaba disposto a seguir escoitando só o silencio

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa