Saltar ao contido principal

¿Lemos o libro ou vemos a peli?

Portada do libro (Andel Novidades)
Baseada na novela homónima de Patrick Ness, "Un monstro vén a verme" é unha drama fantástico que nos conta a historia de Conor, un neno de 12 anos que non ten unha vida normal: mentres que a súa nai está gravemente enferma, o mozo sofre un insoportable acoso escolar. É por iso que Conor construíu un mundo de fantasía para poder escapar da crúa realidade. Con todo, este universo cobrará forma cando un día un verdadeiro monstro o visite na súa habitación. A partir de entón, o mozo iniciará unha aventura sen precedentes para enfrontarse á dor, a verdade e a unha avoa que se empeñará en que o mozo comece a madurar.
Despois das exitosas cintas "O orfanato" e "O imposible", o director Juan Antonio Bayona contou con parte do equipo co que traballou nos seus anteriores proxectos para facer esta película que posúe avanzadas técnicas de animación empregadas polo propio Steven Spielberg e que se converteu na película máis vista do 2016, con máis de 4,5 millóns de entradas vendidas e unha recaudación de máis de 26 millóns de euros e na triunfadora da 31 edición dos premios Goya.


                     
Entrevista ao director

Trailer da película











O seu rostro faino diferente e el só quere ser un máis. Camiña mirando para o chan, intentando en van ocultar o seu rostro deformado. A súa vida xira en torno ás paredes acolledoras da súa casa, incluíndo a empresa da súa nai, o seu can Daisy e as historias incribles de Star Wars. Este ano todo vai cambiar porque, con dez anos, acudirá por primeira vez á escola. Alí aprenderá o que non se ensina nas aulas: crecer na adversidade.

A novela é un dos libros que serán adaptados ao cine no 2017. A nai de August será Julia Roberts. E mentres esperamos, podemos ver o  booktrailer:



A autora do libro, R. J. Palacio, logrou no 2012 que a súa novela fose un éxito de ventas e deu lugar a toda unha serie de libros denominados "Wonder".

O MÁIS VISTO

Homenaxe a Antón Alonso Ríos

O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando o noso instituto co seu nome. Estes días o Concello celebra no noso centro unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República. Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión. Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista. De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos i

Dillo cun libro

Logo do éxito da campaña de fomento da lectura Lazadas lectoras , seguimos na mesma onda pero con diferente efeméride.  Non podemos negar que en torno ao 14 de febreiro hai un ambiente que a todos nos gusta. Quen lle pecha as portas ao amor? Pois abrir un libro é coma empezar unha historia de amor...! Si, ás veces é unha historia de desamor, pero así é a vida... Anímate a pedir un libro para que llo entreguemos a alguén no teu nome. O libro transmitiralle a túa gran mensaxe. Será coma dicirlle: Q UÉROTE. DILLO CUN LIBRO

Lecturas (adultas) para rir e pensar

Xuntouse de novo o Club de Lectura de Adultos do IES Antón Alonso Ríos para debater sobre o controvertido Wilt , de Tom Sharpe, seica disque un clásico memorable de humor. Wilt segue sorprendendo corenta anos despois da súa publicación, pero cremos que moitas situacións supostamente cómicas da trama non superaron ben o paso dos anos. Coma o protagonista, os membros do club tamén nos preguntamos se é necesaria unha formación literaria mínima sexa cal sexa o perfil laboral do alumnado no futuro. E, en calquera caso, cal é o canon literario básico? Igual non as propostas que Wilt levaba ás clases.  Coma se se tratase dunha entrega dos Monty Python, si nos gustaron moitos as páxinas dedicadas ao famoso interrogatorio entre o profesor Wilt e o inspector Flint, porque a realidade máis absurda pode cuestionar os grupos de poder. E xa demos paso á experiencia lectora coa que agasallamos aos membros do club para este Nadal: El clamor de los bosques , de Richard Powers, obra gañador