Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2017

Letras galegas 2017

Este ano, no Día das letras galegas, homenaxéase a Carlos Casares . Carlos Casares naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941, e morreu o 9 de marzo de 2002 en Vigo. Iniciouse nos estudos eclesiásticos aos once anos, tras ingresar no seminario Ourensán, onde viviu un ambiente represivo e con prohibición expresa de utilizar a lingua galega.   Cursou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, que finalizará no 1967-68, na especialidade de Filoloxía Románica. Durante estes anos entrou en contacto coa cultura galeguista e co movemento antifranquista estudantil. E, tras finalizar os seus estudos, entre outras ocupacións exerceu a docencia nalgúns centros, onde tivo problemas coa directiva e mesmo acabou expulsado polo seu aberto antifranquismo, ademais de participar en distintas iniciativas de impulso cultural. Casares, á súa vez, tivo un importante papel como figura pública. De feito, foi un dos asinantes do manifesto Realidade Galega, para lograr un Estatuto Galego,

Celebramos o Día do libro 2017

A semana anterior e posterior ao Día do libro, o 23 de abril, que este ano foi domingo, un espazo da zona central do noso centro foi o punto de encontro no que crear precioso libriños de papel e onde atopar libros libres para regalar ou levar ( http://www.bookcrossing.com/ ); máis de 350 exemplares que levarán o nome do IES Antón Alonso Ríos polo mundo. Tamén púidose participar nun concurso no que adxudicar aos profesores a súa obra preferida, tarea moi dificultosa só conseguida por tres alumnos de 3º ESO. Agardamos xa as sorpresas do ano que vén...