Saltar ao contido principal

Unha 'Limpeza de sangue' con Rubén Ruibal



Porque o teatro tamén se pode e se debe ler, invitamos a vir de visita e tertulia ao autor de Limpeza de sangue, o dramaturgo Rubén Ruibal. O alumnado de 4º ESO realizou unha lectura dramatizada desta obra pola que Ruibal recibiu o XIV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais en 2005 e mais o Premio Nacional de Literatura Dramática  en 2007.


Neste 2º trimestre, puidemos ir falando con el e soubemos que ideou a obra como unha homenaxe ao seu mestre nisto do teatro, a Roberto Vidal Bolaño. Coñemos a motivación para as personaxes que aparecen, tan reais como real foi a dureza coa que as drogas, a corrupción e o amiguismo se asentaron en calquera cidade, coma a cidade galega en que habitan estas personaxe de Limpeza de sangue.


Rubén Ruibal asinounos exemplares do libro seu que lemos e tamén nos agasallou con outras obras del para a nosa biblioteca.


Así pois, recomendamos ler teatro, porque podemos imaxinar a escificación, porque os diálogos conseguen que a trama voe..., e ningún narrador nos orienta os pensamentos. E este Limpeza de sangue dá para pensar!

O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa