Saltar ao contido principal

Saída lectora co Club de Lectura do Baixo Miño

Durante este curso, botou a andar o Club de Lectura do Baixo Miño, composto polos grupo de alumnado destes centros educativos: CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), IES A Sangriña (A Guarda), IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) e mais o noso.  Estes catro centro xuntámonos en tres ocasións e este é resumo en vídeos do última quedada. 
 

Fomos ata Vigo, para facer a ruta literaria de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, guiados pola propia autora. Na cidade olívica tamén visitamos dúas tipoloxías de bibliotecas públicas: a Biblioteca Nodal Xoán Compañel e a Biblioteca-Centro de Documentación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo. 

Logo trasladámonos ao escenario de A praia dos afogados en  Panxón (Nigrán). Durmimos unha noite da Residencia de Tempo Libre de Panxón e, ese venres á noitiña, celebrouse unha actividade en torno á narración oral a partir do álbum ilustrado Los misterios del señor Burdick

O sábado pola mañá tivo lugar unha xincana en grupos polos escenarios de obra de Domingo Villar.

Podedes ver un resumo de todas as etapas desta saída escolar nestes vídeos: 














O MÁIS VISTO

Entrevista á escritora Sonia Mirón

O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.

Club de Lectura de Adultos: benvidos/as!

Dende o IES Antón Alonso Ríos (Tomiño), quixemos saber do interese das familias do noso alumnado, do persoal do centro ou de calquera persoa adulta da zona por formar parte dun club de lectura de adultos. E a sondaxe mostrounos que si hai predisposición a formar grupiño lector. As xuntanzas van ser os luns, de cando en cando, ás 19 horas na biblioteca no instituto. Arrancamos xa, e fíxémolo compartindo qué nos move a formar parte dun club de lectura. Tamén debatemos sobre os dereitos do lector que recolle Daniel Pennac na súa obra Como unha novela. De paso, tamén se presentaron outras obras del, como Mal de escola . A mesa de debate recibiunos coa primeira escolla aínda sen desvelar. Resultou ser A neta do señor Linh , de Philippe Claudel, traída para o galego por Rinoceronte Editora . É unha novela pequena pero grande. Aínda que se pode ler nunha tarde, aconsellamos que se faga amodo, gozando dos detalles, das palabras, de cada parágrafo... E non dicimos máis nada, porq

Cogomelos no centro

Aproveitando a exposición de cogomelos feita no instituto polos nosos compañeiros de Ciclo Medio de Forestais podedes participar dende o voso móbil nun cuestionario sobre estes fungos.      Participa