O IES Antón Alonso Ríos tivo o pracer de contar coa escritora Sonia Mirón como docente e, dende o Equipo de Biblioteca, aproveitamos para facerlle unha pequena entrevista. Ademais, durante un recreo, celebrouse unha sinatura de libros da escritora.
O pasado mes de novembro de 2016 Tomiño elixiu por votación popular recoñecer a labor e a aportación do persoeiro Anton Alonso Ríos bautizando o noso instituto co seu nome. Estes días o Concello celebra no noso centro unhas xornadas adicadas a rendir tributo e lembranza a esta figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República. Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde foi quen de cursar maxisterio, mostrando dun xeito temprano un grande interés polo ensino, e estudou da mán de un dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión. Desenvolveu a súa vocación educativa na Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista. De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos i