30/6/17

Calendario escolar 2017-18

Imos tomar unhas merecidas vacacións e mentres aquí vos deixamos un avance do que será o vindeiro curso. Vémonos en setembro!


O 15 de setembro, venres, comezarán as clases para os estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional.
O final do curso será o xoves 21 de xuño de 2018 (menos os alumnos de segundo de bacharelato, que sempre acaban antes para someterse ás probas de acceso á universidade).
En decembro de 2017 gozaremos da Ponte desde o día 6 ao 10.
As vacacións de Nadal comprenden do 22 de decembro a o 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.
Esta vez o 6 de xaneiro coincide en sábado así que volveremos a clase o luns 8 de xaneiro.
As vacacións do Entroido abranguen do luns 12 de febreiro ao mércores 14 incluídos. Semana Santa: do 24 de marzo ao 2 de abril.
Este é o calendario escolar é para a Comunidade Autónoma de Galicia polo que non inclúe os festivos municipais, que cambian dependendo o concello.



Se queres o calendario pincha sobre el para gardar ou imprimir e así poderás telo sempre a man (para conseguir o tamaño máis grande dálle ao botón dereito/abrir nunha lapela nova)